Quen era o Homo habilis?

O Homo habilis é a especie máis antiga dos homo. Viviu aproximadamente desde 2,5 ata 1,44 millones de anos antes da actualidade. O seu nome significa “home habilidoso” facendo referencia aos instrumentos que facían de pedra.

imagen

Falando das súas características, creese que foi a especie máis sabia dos homo debido á magnitude do seu cráneo, superaban os 650 cm ³, medían aproximadamente 1,5 metros e pesaban aproximadamente 60 kg. A posición bípede foise desenrolando na muller e provocativo unha redución da pelve e polo tanto o adianto dos partos.

imagen

O nome designado a esta especie ( habilis ) fai referencia ao feito de que estes homínidos son os primeiros taladores que tiñan a capacidade técnica para fabricar utensilios. Fabrican as primeiras ferramentas de pedra como son os cantos rodados. As análises feitas co microscopio electrónico mostran o desgaste da dentadura, xunto con outras evidencias indirectas, mostran que a súa dieta incluía a carne, sen embargo no podemos dicir que foran todavía cazadores, practicaban máis ben unha actividade de carroñeo. Isto debíase ao aprendizaxe do uso dos utensilios de pedra, xa que con estes podían cortar as peles de animaies algo máis grosas.

imagen

O Homo Habilis considerase a especie de tránsito na evolución do ser humano. Ao ter un gran volume cerebral, creese que puido ser  o máis hábil dos homos, porén aínda non se descubriu a razón pola que desapareceu, evolucionando ao homo erectus, tras abandoar definitivamente as árbores. A súa habilidade para a tala de pedras é un feito importante que beneficiciou considerablemente a especie, para a alimentación e incluso para a  defensa propia.

imagen

Esta información saqueina de wikipedia, do libro e dalgunha outra páxina que atopei.

Esta entrada foi elaborada por Silvia Villaverde no curso 2010-11

 

Levan millóns de anos na Terra…

Os fósiles viventes son, por así dicilo, os poboadores máis antigos do planeta e aquí seguen, indiferentes ás leis da evolución e á man do home.

De acordo coas normas dictadas pola natureza e a selección natural, todas as especies foron sufrindo numerosos cambios ó longo do tempo, o que lles permitiu adaptarse mellor ó medio no que viven; porén, non ocorreu así en todos os casos. Nalgunhas especies parece que os cambios se estancaron hai miles ou millóns de anos e que lograron a perfección casi absoluta, estas especies son actualmente os chamado fósiles viventes.

O fósil vivente máis coñecido é o nautilus. Estos animais viven nos arrecifes dos océano Índico e Pacífico coa mesma apariencia de fai 600 millóns de anos. Os tiburóns-anguila e as rayas son tamén especies mariñas que seguen vivindo actualmente despois de 350 millóns de anos tras a súa orixe.

En canto a fósiles viventes terrestres, destaca o ornitorrinco, que vive en Australia e en Tasmania. É un dos mamiferos máis antigos: apareceu fai 200 millóns de anos e todavía conserva a capacidade de por ovos.

A lista destas especies vivente é longa e amplia e pódense atopar casos moi diversos, como a rá púrpura nos anfibios, os esturións, a tartaruga boba papuana, o ganso urraca e o árbol ginkgo.

 Fósiles viventes

Ao marxen da evolución, estos fósiles viventes son testigos da gran parte da historia do planeta. Suspendidos no tempo, navegaron polas máis variables eras e parecían indestructibles ó cambio. Así foi ata a chegada do home.

Podedes atopar máis información en: elmundo e en imedea.

Esta entrada foi elaborada por Laura Fernández no curso 2010-11

 

A teoría da Panspermia.

imagen

 A teoría da Panspermia afirma que a vida aparecida na Terra non surdiu nela, senón noutros lugares do universo, e que chegou ao noso planeta utilizando os meteoritos e os asteroides como forma de desprazarse de un planeta a outro. Esta teoría apoiase no feito de que as moléculas basadas na química do carbono, importantes na composición das formas de vida que coñecemos, pódense atopar en moitos lugares do universo. O astrofísico Fred Hoyle tamén apoiou a idea da panspermia pola comprobación de que certos organismos terrestres, chamados extremófilos, son moi resistentes a condicións adversas e que eventualmente poden viaxar polo espazo e colonizar outros planetas.

 A explicación máis aceptada desta teoría para explicar a orixe da vida é que algún ser vivo primitivo, probablemente algunha bacteria, viñera do planeta Marte ,do cal  sospeitase que tivo seres vivos debido aos rastros deixados por masas de auga na súa superficie, e que tras impactar algún meteorito en Marte, algunha destas formas de vida quedou atrapada nalgún fragmento, e entón  dirixiuse con él a Terra, lugar no que impactou. Tras o impacto dita bacteria sobreviviu e logrou adaptarse as condicións ambientais e químicas da Terra primitiva, logrando reproducirse para desta maneira perpetuar a súa especie. Co paso do tempo ditas formas de vida foron evolucionando ata xerar a biodiversidade existente na actualidade.

 A miña opinión é que a idea desta teoría non é moi sostible , xa que é imposible que unha bacteria lograse aguantar a unha viaxe polo espazo e sobrevivir a unha colisión. Vos que opinades?

Webgrafía:

-http://www.cienciapopular.com/n/Biologia_y_Fosiles/Extremofilos/Extremofilos.php

 -http://www.taringa.net/posts/info/2267412/Teoria-de-la-Panspermia_-informate.html

http://etimologias.dechile.net/?panspermia

Esta entrada foi elaborada por Eva Piñeiro no curso 2010-11

 

A teoría de Ramón y Cajal

imagen

Santiago Ramón y Cajal foi un gran médico español especializado en histoloxía e anátomo-patoloxía microscópica.

Dentro da súa carreira coma médico, destacou pola súa nova e revolucionaria teoría celular. Esta, sigue sendo aceptada na actualidade xa que ninguén conseguiu demostrar o contrario.

O que fixo Ramón y Cajal foi unha remodelación da teoría celular feita por Schleiden e Schwann. A teoría proposta por estes dous alemás era aceptada e fora enriquecida con achegas doutros científicos, pero rexeitábase para o tecido nervioso, ao non se admitir que estivese formado por células independentes. Os microscopistas observaban unha rede de fibras e células interconectadas na que non podían individualizar elementos celulares.

Ramón y Cajel mellorouna grazas a, que con técnicas de tinguidura refinadas, realizou preparacións microscópicas de tecido nervioso nas que se puido ver a individualidade das neuronas. Así, postulou a teoría neuronal, coa que quedou xeneralizada a teoría celular para todas as células.

Grazas a estas achegas a ciencia, Ramón y Cajal recibiu o premio Nobel de Medicina en 1906 o cal compartiu co médico italiano Camillo Golgi, cuxo método de coloración aplicouno Ramón y Cajal durante anos.

Eu non sabía, ata este ano, que un español fora tan importante no mundo da ciencia. Coñeciades vos algún?

Esta información saqueina do libro de 1º de bacharelato de ccmc e de wikipedia.

Esta entrada foi elaborada por Brais Fernández no curso 2010-11

 

As leis de Mendel.

 Mendel foi abade no monasterio de Brünn (Chequia). Foi tamén, un naturalista, pioneiro na súa época, e que carecía  dos coñecementos científicos actuais. En 1865, formulou as primeiras leis hereditarias, grazas aos seus descubrimentos despois de ter diferentes plantacións vexetais.

A sua Primeira lei, a Lei da Uniformidade: Esta lei di que si se xuntan dous híbridos (homocigotos) na primeira xeración (F1) todos seus descendenes serán iguais.

Para descubrir isto, Mendel levou a cabo un experimento, traballou cunha variedade pura de guisantes, uns producían as sementes amarelas e outros verdes. Ao facer o cruzamento destas plantas, obtiña sempre sementes amarelas (na F1)

Mendel deduciu disto que na planta había un alelo dominante (A) e outro recesivo (a) e sempre, na primeira xeración, se manifestaba exclusivamente o dominante.

imagen

Pero, nesta lei hai un erro, ou máis ben unha característica que non se compre totalmente. No caso da planta “dondiego de noite” (Mirabilis jalapa), ao cruzar a planta da variedade vermella coa da variedade branca, da como resultado un “dondiego”rosado:

imagen

A segunda lei de mendel é a da separación de alelos. Nesta, o abade cruzou entre si os híbridos da primeira xeración filial (F1) obtendo a segunda xeración filial (F2), estes descendentes eran diferentes ós da primeira xeración. É dicir, os caracteres que se mostraron na segunda xeración foron diferentes ós da primeira. Isto sucedeu porque había dous alelos diferentes para cada cor da semente, e estaban presentes nos individuos da primeira da primeira xeración filial, na que se meanifestaba só un dos alelos, o dominante. Cando o individuo de fenotipo amarelo e de xenotipo Aa, forma os gametos, sepáranse os alelos, de forma que en cada gameto haberá só un dos alelos explicando así os resultados obtidos.

imagen

Ocorre o mesmo se xuntamos a primeira xeración filial dos nosos “dondiego”, neste caso obteremos una descendencia heteroxenea de plantas vermellas, rosas e blancas.

A terceira lei de Mendel, a lei da herdanza independente de caracteres, fai referencia ó caso de que se contemplen dous caracteres distintos. É dicir, se antes comparabamos só as cores da semente agora compararemos tamén a as súas rugosidades. Estes transmítense seguindo as leis anteriores, independentemente do outro caracter.

Para descubrir isto Mendel organizou o seguinte experimento: cruzou plantas de guísantes de  sementes verdes e rugosas e sementes amarelas e lisas, homocigotos as dúas para cadanseus caracteres.

Asombrosamente, as plantas obtidas neste cruzamento eran todas amarelas e lisas xa que respondían a primeira xeración filial (F1)

As plantas obtidas, agora chamadas dihíbridas, volven a cruzarse entre si. O que sucedeu nesta ocasion foi que a descendencia obtida mostraba todas as posibilidades de mestura de xenes, en diferentes proporcions, do mais ao menos dominante.

imagen

Realmente, creo que as leis de Mendel nos axudan bastante a entender a xenética e tamén que son unhas leis bastante adiantadas a súa época. E vós, que credes?


Para que vos fagades unha mellor idea do qe son as leis de Mendel, deixovos aqui este video ou tamén podedes buscar información nas seguintes páxinas:

wikipedia: as leis de Mendel ou Gregor Mendel. 

Las leyes de la herencia

Eqipo de docencia e investigación, UBA

tamén en Google Imaxes.

Esta entrada foi elaborada por Samanta Vazquez no curso 2010-11

 

Marte, tan preto tan lonxe?

A exploración espacial de Marte comezou no contexto da carreira espacial entre Estados Unidos e a entón chamada Unión Soviética o que deu lugar á Guerra Fría entre estes dous países. Pero o interés en Marte e a posibilidade de que alí houbese vida remóntase xa a 1877 cando o astrónomo italiano Giovanni Schiaparelli afirmou ver canais por todo o planeta.

Posteriores astrónomos intentaron comprobar a postulación do astrónomo estadounidense Percival Lowell que suxería que os presuntos canais descubertos por Shiaparelli eran un sistema de irrigación creado por seres intelixentes.

As primeiras misións soviéticas foron do programa Marsinik que consistiu en 2 voos próximos con sonda en outubro de 1960. As 2 sondas fallaron ao saír da Terra e quedaron atrapadas na órbita, a sonda alcanzou unha altura máxima de 120 km antes de reentrar á Terra.

A fins de 1964 Estados Unidos manda a Mariner 3 a Marte que fracasa por problemas de enxeñería. En 1965 Estados Unidos envía a Mariner 4 que consegue transmitir as primeras fotografías de Marte tomadas na súa proximidade en xullo do mesmo ano; Mariner 4 encontra unha paisaxe desolada, desértica e con abundantes cráteres, mientres que a Zond 2 da entón Unión Soviética logra, logo de varios meses, sobrevoar Marte o 6 de agosto de 1965 a unha distancia de 1.500 kilómetros e a unha velocidade relativa de 5,62 km/s, sen enviar datos.

En 1969 chegan as Mariner 6 e 7 de Estados Unidos que sobrevoan a superficie a uns 3.500 kilómetros de altura. Ambas conseguen enviar unhas 200 fotografías das rexións ecuatoriais.

En 1971 conséguense varias novas marcas na historia da conquista do espazo (primeira satelización dunha sonda en Marte o 13 de novembro, Mariner 9, primeiro obxecto humano no planeta o 27 de novembro, Marsnik 2, primeira transmisión desde a súa superficie o 2 de decembro, Marsnik 3).

En 1997 chega a Marte a Mars Pathfinder, a cal vemos na fotografía, que descende en Aris Valley levando o vehículo de exploración autopropulsado Sojourner; principalmente é un vehículo para probas de tecnoloxías novas. A súa exploración da superficie dura 2 meses e durante este proceso é televisado a millóns de persoas. O sitio de aterrizaxe do Mars Pathfinder bautizouse Sagan Memorial Station, en honor a Carl Sagan.

 

imagen

Xa no século XXI no ano 2001 Estados Unidos envía a Marte á Mars Odyssey que se acomoda nunha órbita marciana de 2 horas. Realiza unha misión de cartografía da distribución e concentración de elementos químicos e minerales na superficie do planeta. Descobre a existencia de xeo, o que apoia a teoría das grandes cantidades de auga en Marte e provoca entusiasmo ao ser unha fonte potencial para unha futura misión tripulada a Marte. Neste momento (2008) hai seis instrumentos espaciais fabricados polo home funcionando en Marte:

Os robots Spirit e Opportunity e o Phoenix que aterrizou no Polo Norte, todos eles na superficie do planeta vermello. A súa vez as tres sondas orbitais: o Mars Odyssey e o Mars Reconnaisance Orbiter dos Estados Unidos e a sonda orbital da Axencia Espacial Europea, o Mars Express.

Aquí tedes un video cunhas cantas fotos do noso planeta veciño.


Prevese para 2011 o lanzamento dunha sonda rusa con destino ás lúas marcianas, a Phobos-Grunt. Na miña opinión, a exploración do espazo é algo fascinante xa que eu creo que encontrar vida fora da Terra sería algo extraordinario. Pero vos que credes, gústavos a exploración espacial? Podedes ver maís información na páxina de wikipedia na que encontrei todos estes datos, nela ademais poderedes ver unha relación de todas as misións con destino a Marte.

Esta entrada foi elaborada por Pedro Ojea no curso 2010-11

 

O “home de Flores”, moi próximo a nós.

     O Homo floresiensis é un homínido que habitou na Illa das Flores fai entre 12 000 e  18 000 anos (non concretado). A Illa de Flores é una illa que se atopa en Indonesia que presenta unha fauna particular, onde  ”O home  de Flores” conviviu dende con lagartos xigantes e elefantes ananos ata con ratas xigantes.

Foi sinalado como o antepasado máis recente do Homo erectus. H. floresiensis puido ter coexistido cos H. sapiens, e ata puideron interactuar durante 10 000 anos. A súa extinción crese que estivo relacionada cunha  erupción volcánica en Flores ou  á  derrota pola loita por alimento ante os sapiens.

Era de tamaño moi pequeno, similar a un neno de tres anos, e moito máis anano co Homo erectus. Calcúlase aproximadamente que medía 1 metro como os chimpancés e que pesaba uns 25 Kg, consecuencia do limitado aporte alimentario da Illa das Flores. O seu cerebro era tamén moi pequeno. Ademais posuía brazos relativamente largos, que lles permitían trepar. A ausencia de depredadores considérase unha das causas do seu ananismo xa que ao non haber depredadores non estiveron tan sometidos á  selección natural. O home das Flores combinan carácteres de diferentes especies: teñen o cerebro do tamaño dun chimpancé, os ósos aseméllanse  aos do primate prehumano Australopithecus e o seu rostro é pequeno e delicado, como o dos seres humanos.

Para rematar só vós plantexo unha cuestión : Cal sería a vosa reacción ante a aparición dun novo homínido nunha illa descoñecida? Credes que cambiaría algo as nosas teorías da evolución?

A continuación tedes unha estimación sobre ”O home das flores

homo

As páxinas das que me axudei para realizar o post foron as seguintes :

http://nephiliman.com/anomalies_pygmies.htm

 http://www.esacademic.com/dic.nsf/eswiki/398005

http://es.wikipedia.org/wiki/Isla_de_Flores_(Indonesia)

http://es.wikipedia.org/wiki/Homo_floresiensis

Esta entrada foi elaborada por Eva González no curso 2010-11

 

A nosa gran estrela: o sol

O sol é a estrela máis cércana a Terra, o maior elemento do sistema solar e é a principal fonte de enerxía en forma de calor e luz. Xira arredor do centro da Vía Láctea, a nosa galaxia. Da unha volta cada 200 millóns de anos. Neste momento movese ata a constelación de Hércules a uns 19 km/s.Contén máis dun 99% de toda a materia do Sistema Solar. A forza gravitatoria que exerce sobre os planetas fai que xiren o seu arredor.O sol formouse fai 4.500 millóns de anos e inda ten combustible para 5.000 millóns máis. Despois, comezara a facerse máis e máis grande ata converterse nunha xigante vermella e finalmente fundirase no seu propio peso e converterase nunha anana branca, que pode tardar un trillón de anos en arrefriarse.

Do sol só vemos a capa exterior que se chama fotosfera e ten unha temperatura duns 6000ºC, e cunhas zonas máis frías(duns 40000ºC) que se lle chaman manchas solares.

A enerxía crease no interior do sol, onde a temperatura chega os 15 millóns de grados, cunha presión altísima, que provoca reaccións nucleares. Libéranse protóns(núcleos de hidroxeno) que se funden en grupos de catro para formar partículas alfa(núcleos de helio).

O sol tamén absorbe materia. É tan grande que ten tal forza que a cotío atrae asteroides e cometas que pasan cerca. Como é natural,cando caen o sol, desintégranse.

Actualmente o sol estúdase des satélites dotados de instrumentos que permiten apreciar aspectos que ata agora non se poidan. Os satélites son: o SOHO, o Wind, o Polar e o Geotail.

imagen

Ademais da observación con telescopios convencionais, utilízanse: o cronógrafo, que analiza coroa solar, o telescopio ultravioleta extremo, capaz de detectar o campo magnético, e os radiotelescopios, detectan diversos tipos de radiación que resultan imperceptibles para o ollo humano.

Credes que o sol chegara a desaparecer?Eu non sabía que dicir porque son tantas as cousas que hai sen determinar e no universo nunca se sabe o que pode suceder.

Esta información foi sacada de astromia e clarín

Esta entrada foi elaborada por Diego Puga no curso 2010-11

 

Existe vida humana no planeta Marte?

A Terra é o único lugar donde sabemos con certeza que existe vida. As persoas que observaron Marte fixeron  moitas afirmacións sobre as evidencias de vida que creeron haber visto, pero agora sabemos que as súas observacións eran incorretas pola gran dificultade das medicións. Desde a Terra, incluso cos nosos telescopios máis potentes, non podemos ver suficientes detalles de Marte para responder a esta pregunta. Debemos observar o planeta máis de cerca

Aínda que as  naves robot nos enviaron maravillosas imáxenes, ningún ser humano foi capaz de viaxar ata Marte, de feito dicese que as primeras persoas que visiten Marte teñen agora entre dez e quince anos, e que cando sean adultos tal vez participen na primera expedición humana a este  planeta. Mentras tanto, a NASA fai moitos esforzos por descubrir si existe a  vida en Marte. Os Estados Unidos e outros países enviaron  naves para que sobrevoasen ou aterrasen en dito planeta coa misión de aprender máis sobre este fascinante lugar. Aprendimos que, aínda que Marte é un planeta parecido a Terra de todo o sistema solar, e  por tanto un bo lugar para buscar vida, é diferente a  Terra en moitos aspectos.

Fai vintecinco anos sucedeu algo extrano nas cercanías do planeta Marte. A nave Viking 1 da NASA estaba voando arrededor do planeta, cando descubriu, sobre a súa superficie, una figura en sombras parecida a una cara humana. Una cabeza enorme que parecía estar devolvendo a mirada á cámara desde una rexión do Planeta Vermello conocido como Cidonia. Imaxinádevos a sorpresa dos controladores da misión no Laboratorio de Propulsión a Chorro, cando viron a cara na súas consolas. Sen embargo, a sorpresa durou pouco tempo xa que os científicos concluíron que esta era solamente outra meseta Marciana, moi común nos arredores de Cidonia, solo que esta tiña sombras extranas que a facían parecer a un Faraón Exipcio. Poucos días despois a NASA publicou a imaxe para que todos puideramos observala.  A foto incluía una “enorme formación rocosa … que se asemellaba a una cabeza humana, que formada por sombras crean no observador a ilusión de estar vendo ollos, nariz e boca.” Os autores pensaron que esta descrición sería unha boa  maneira de despertar a curiosidade do público e atraer o  interés sobre el Planeta Marte.

En conclusión a vida humana só foi descuberta no planeta terra, e se existe a vida noutros planetas ou non, ainda esta por descubrir. Se queresdes seguir infomandovos non o dubides xa que este tema e moi interesante,  podedes atopar información na páxina da NASA.

-Webgrafía:

-http://spaceplace.nasa.gov/sp/kids/phonedrmarc/2002_june.shtml

-http://es.wikipedia.org/wiki/Vida_en_Marte

Para finalizar deixovos a imaxe do planeta,que se parecía ao ser humano.

imagen

Esta entrada foi elaborada por Janira Nuñez no curso 2010-11

 

O Cambio Climático

   O clima de por si tende a cambiar de forma natural do cal nós non somos os culpables pero isto agrávase e o planeta vese realmente afectado pola man do home, o único ser vivo, por incrible que pareza que contamina o seu medio ambiente, o seu lugar de vida. Poderíamos dicir que a destrución á que estas causas conducirían chegará nun tempo non moi lonxano pero tampouco sucederá mañá. Por este motivo tendemos a restarlle importancia ó tema pero realmente pensades que non está sucedendo nada agora aparte dos cambios físicos? que aínda non lle afecta a ninguén? que aínda non  proboca nada no medio ambiente?

sequia

   Parece que ninguén se parou a pensar nos seres vivos que habitan o planeta e se se están vendo afectados dende xa. Moitos animais e plantas non están adaptados ás temperaturas que se están impoñendo nos seus hábitats ou os cambios que estes están sufrindo irremediablemente. Moitas colleitas estanse a estropear e toda a vexetación da que todos coñecemos a súa importancia estase a resentir máis do que parece, máis do que pensamos e moitos animais están desaparecendo. Pero se desaparece unha planta as consecuencias da súa desaparición é para nós, algo illado,sen importancia, cando tería que ser algo moi importante xa que o máis probable e que de esa planta dependesenn outros seres vivos polo tanto a desaparición desa planta afectaría a todo o ecosistema.

OPINIÓN PERSOAL

Logo desta reflexión, xórdenos a todos unha pregunta, hai solución?  Pois si, e todos podemos colaborar. Consistiría en pequenas cousas como a reciclaxe, o aforro da auga, a utilización de enerxías renovables, aumentando as zonas verdes, reducindo o uso de automóviles, concienciándonos a nos mesmos e ós demais da situación. Quizáis non podamos solucionalo completamente pero si aplacalos seus efectos en gran medida, porque o certo é que o planteta está  nas nosas mans.

WEBGRAFÍA

Máis información sobre o cambio climático en Wikipedia e en Monografias.

Esta entrada foi elaborada por Emilio Nuñez no curso 2010-11