Marte, tan preto tan lonxe?

A exploración espacial de Marte comezou no contexto da carreira espacial entre Estados Unidos e a entón chamada Unión Soviética o que deu lugar á Guerra Fría entre estes dous países. Pero o interés en Marte e a posibilidade de que alí houbese vida remóntase xa a 1877 cando o astrónomo italiano Giovanni Schiaparelli afirmou ver canais por todo o planeta.

Posteriores astrónomos intentaron comprobar a postulación do astrónomo estadounidense Percival Lowell que suxería que os presuntos canais descubertos por Shiaparelli eran un sistema de irrigación creado por seres intelixentes.

As primeiras misións soviéticas foron do programa Marsinik que consistiu en 2 voos próximos con sonda en outubro de 1960. As 2 sondas fallaron ao saír da Terra e quedaron atrapadas na órbita, a sonda alcanzou unha altura máxima de 120 km antes de reentrar á Terra.

A fins de 1964 Estados Unidos manda a Mariner 3 a Marte que fracasa por problemas de enxeñería. En 1965 Estados Unidos envía a Mariner 4 que consegue transmitir as primeras fotografías de Marte tomadas na súa proximidade en xullo do mesmo ano; Mariner 4 encontra unha paisaxe desolada, desértica e con abundantes cráteres, mientres que a Zond 2 da entón Unión Soviética logra, logo de varios meses, sobrevoar Marte o 6 de agosto de 1965 a unha distancia de 1.500 kilómetros e a unha velocidade relativa de 5,62 km/s, sen enviar datos.

En 1969 chegan as Mariner 6 e 7 de Estados Unidos que sobrevoan a superficie a uns 3.500 kilómetros de altura. Ambas conseguen enviar unhas 200 fotografías das rexións ecuatoriais.

En 1971 conséguense varias novas marcas na historia da conquista do espazo (primeira satelización dunha sonda en Marte o 13 de novembro, Mariner 9, primeiro obxecto humano no planeta o 27 de novembro, Marsnik 2, primeira transmisión desde a súa superficie o 2 de decembro, Marsnik 3).

En 1997 chega a Marte a Mars Pathfinder, a cal vemos na fotografía, que descende en Aris Valley levando o vehículo de exploración autopropulsado Sojourner; principalmente é un vehículo para probas de tecnoloxías novas. A súa exploración da superficie dura 2 meses e durante este proceso é televisado a millóns de persoas. O sitio de aterrizaxe do Mars Pathfinder bautizouse Sagan Memorial Station, en honor a Carl Sagan.

 

imagen

Xa no século XXI no ano 2001 Estados Unidos envía a Marte á Mars Odyssey que se acomoda nunha órbita marciana de 2 horas. Realiza unha misión de cartografía da distribución e concentración de elementos químicos e minerales na superficie do planeta. Descobre a existencia de xeo, o que apoia a teoría das grandes cantidades de auga en Marte e provoca entusiasmo ao ser unha fonte potencial para unha futura misión tripulada a Marte. Neste momento (2008) hai seis instrumentos espaciais fabricados polo home funcionando en Marte:

Os robots Spirit e Opportunity e o Phoenix que aterrizou no Polo Norte, todos eles na superficie do planeta vermello. A súa vez as tres sondas orbitais: o Mars Odyssey e o Mars Reconnaisance Orbiter dos Estados Unidos e a sonda orbital da Axencia Espacial Europea, o Mars Express.

Aquí tedes un video cunhas cantas fotos do noso planeta veciño.


Prevese para 2011 o lanzamento dunha sonda rusa con destino ás lúas marcianas, a Phobos-Grunt. Na miña opinión, a exploración do espazo é algo fascinante xa que eu creo que encontrar vida fora da Terra sería algo extraordinario. Pero vos que credes, gústavos a exploración espacial? Podedes ver maís información na páxina de wikipedia na que encontrei todos estes datos, nela ademais poderedes ver unha relación de todas as misións con destino a Marte.

Esta entrada foi elaborada por Pedro Ojea no curso 2010-11

 

Tags: ,