A viaxe das placas litosféricas
Seguimos ca “tectónica de Placas”, á que se chegou ca aportación de distintos científicos. A idea inicial débese ao xeólogo alemán Alfred Wegener, quen, para defender as súas teorías tivo que enfrontarse a outras correntes xeolóxicas máis aceptadas na súa época… pero equivocadas, como se demostrou posteriormente.
Falando de placas en movemento, aquí tedes outra animación da Universidade noruega.
Tamén podedes acceder a páxina principal dende aquí, chamase Webgeology, recoméndovos a animación chamada “A dinámica do Manto e a Tectónica de Placas”. Para finalizar está “mountain building”, sen traducir ao castelán, pero podedes escoller outros idiomas: francés, inglés…, noruego, tal vez portugués.
Animo, dedicádelle un pouco de tempo, merece a pena, especialmente ca animación desa viaxe das placas ao longo da historia da Terra.
Tags: a dinámica do manto, Tectónica