Exame: cando o alumnado demostra o que sabe….ou non!

Fagamos algunhas reflexións:

imagen

Que é un exame? É a oportunidade do alumna/o de demostrar o que sabe, tamén e a ferramenta que temos os “profes” para avaliarvos, polo tanto é importante e hai que tomalo en serio.

  1. Como preparar un exame? Non se pode facer no día anterior e moito menos na noite anterior… mellor levar as cousas ao día e ir preguntando as dúbidas a medida que xorden. No caso de CCMC é necesario ir facendo as actividades, xa que, así, podedes comprobar, se entendedes os contidos e se sodes capaces de expresarvos correctamente.
  2. Como facer un exame… sen acabar dos nervios? É importante controlarse, tratase dunha proba na que tes que demostrar o que sabes, pouco ou moito… (cos nervios sempre parecera menos…) . Non esquezades escoitar os avisos antes de empezar, ler con atención as preguntas antes de contestar, calcular e repartir o tempo e sempre revisar o exame antes de entregar.
 

Tags: , ,