Para botarse a temblar…!!!

Vexo que o tema de sismos esperta interese. Pódese afondar moito máis, na rede hai información que pode aclararvos moitas ideas, ou simplemente aportar información.

imagen

Unha das vantaxes da internet, é que nos permite acceder á información case en tempo real. Neste caso, podemos saber os terremotos máis recentes e os  que acaban de acontecer en calquera lugar do planeta… A información está na páxina http://www.iris.edu/seismon/ do Servicio xeolóxico dos Estados Unidos (USGS), os terremotos en España atópanse  en http://www.ign.es/ign/es/IGN/Sismologia10Espana.jsp a páxina do Institutoxeogáfico nacional.

Entra na páxina e bótate a tremer, ou non….

No caso dos sismos é interesante distinguir entre magnitude ou forza dun sismo (mídese ca escala de Richter), e a intensidade que nos indica os efectos causados, (empregase a escala de Mercali).

Pode ser certa a seguinte frase? : “un sismo pode ter un so valor na escala de Richer, pero pode ter varios na de Mercali” Como o explicas?

 

Tags: , ,