A bioética

A bioética é a aplicación da ética ás ciencias da vida e inclúe todos os problemas morais que teñen que ver ca vida xeral, abarcando dende mediciña ata medio ambiente ou trato debido aos animais.

                                              

A orixe do termo correspóndelle ao oncólogo Van Rensselaer Potter que publicou un artigo na revista da Universidade de Wisconsin co título “Bioética, a ciencia da supervivencia”.

As primeiras declaracións de bioética xorden tras a Segunda Guerra Mundial, como consecuencia do descubrimento dos experimentos médicos realizados polos facultativos do réxime hitleriano sobre os retidos nos campos de concentración. Esta, xunto con outras prácticas atroces, configuran unha situación na que é mester a regulación ou declaración de principios a favor das víctimas de tales experimentos. Esta situación determina a publicación de diversas declaracións e documentos bioéticos a nivel mundial.

Os temas que abarca a bioética son, polo xeral, aqueles máis complexos de debatir como son:      aborto inducido, calidade de vida e sanidade, clonación humana, circuncisión, concepto de funcionalidade conceptual, criónica, dereitos dos animais, desenrolo sostible, donazón de órganos, drogas, eutanasia, ética medioambiental, xenética, inseminación artificial, investigación con células nai, métodos anticonceptivos, nanotecnoloxía, reprodución asistida, sida, suicidio, transplantes, tratamento da dor…

Post elaborado por: Soraya Grandal Besada, curso 2008-09

 

Tags: , ,