Dereito e Esperanza

Nos países menos desenvolvidos; é onde se encontra un maior número de mortes a causa de enfermidades que se poderían evitar. A razón, é que estes países carecen de diñeiro e de medios para poder evitar estas enfermidades, polas que cada día morren miles de persoas.

 cdc_malaria_mosquito_070607_ssh.jpg

¿Cómo é posible que a maioría das persoas de entre 25 e 50 anos, de África, crean que o VIH o transmite un mosquito? Esta pregunta demóstranos que os países pouco desenvolvidos, tamén carecen de información; o que provoca confusións como estas; ademais de que non saben: a razón pola cal enferman, a causa pola que enferman e nin sequera saben que prevención tomar para poder evitar as enfermidades.

Se estes países tiveran algúns medios para evitar as enfermidades que soamente dependen dunha vacina, non nos resultaría tan difícil de entender que enfermidades como o Sarampelo, que é a única que se pode evitar cunha vacina, nos países pobres as persoas a seguen sufrindo constantemente.

sida12.jpg

En cambio, nos países ricos, moitas destas enfermidades non se chegan a vivir, xa que moitos dos medios de prevención están ao noso alcance, como o preservativo, no caso do SIDA. Aínda que tamén, nos países máis desenvolvidos se desenrolan estas enfermidades, pero o número de enfermos, é moito menor que o número de doentes que hai nos países pobres.

A realidade é que fai falla moito traballo e inversión para protexer aos millóns de persoas que están en risco de contraer enfermidades, sobre todo en África.

Post elaborado por: Sheila Vidal, curso 2008-09

 

Tags: , ,