Que pasaría se aumentase o Osíxeno en lugar do Dióxido de Carbono

O osíxeno, de símbolo O, é un elemento gasoso lixeiramente magnético, incoloro, inodoro e insípido. É o elemento máis abundante na terra e grazas a el e posible a vida no noso planeta, constitúe preto dunha cuarta parta da atmosfera, o  47’7% da masa da corteza terrestre e un 60% do noso organismo. Mentres que o dióxido de carbono é un gas incoloro, inodoro e cun lixeiro sabor ácido, cuxa molécula consiste nun átomo de carbono unido a dous átomos de osíxeno. Este atópase na atmosfera en cantidades variables aínda que normalmente é de 3 a 4 partes por 10.000, e aunmenta un 0’4% cada ano, o que nos leva a preguntarnos: ¿Que pasaría se aumentase o osíxeno en lugar do CO2?

A sociedade moderna síntese preocpada polo quentamento global que en parte estaría ocasionado polas emisións de CO2 que lanzamos á atmosfera . ¿pero que pasaría se en lugar de aumentar este gas carbónico fixerao o osíxeno? De feito a súa concentración non deixou de crecer dende que as  comezaran a expulsalo como residuo da fotosíntese, fai 2.400 millóns de anos. O seu incremento destruiu parte da vida microbiana, que estaba adaptada a un entorno pobre en O2.

Non hai que esquecer que este é un gas moi tóxico, debido ao seu poder oxidante. No entanto, algunhas bacterias conseguiron non só inmunizarse, senón aprobeitalo no seu propio beneficio. Isto explica por que os animais e outros seres vivos empregan o gas vital para poder oxidar os alimentos e obter enerxía grazas a respiración celular. Iso sí, sempre protexidos por moléculas que os protexen do osíxeno e compostos moi radiactivos que o conteñen, como o perióxido de hidroxeno e os radicais libres.

Hoxe en día, o nivel de O2 atmosferico varía entre o 21% e o 25%. Un incremento de só un 5% podería causar escasos efectos positivos e outros tan devastadores como os que se indican a continuación:

1.-INCENDIOS E SUPER ÁRBORES

O osíxeno alimenta as reaccións de combustión, e polo tanto habería máis incendios e máis difíciles de extinguir. Os montes só sobrevivirían nas zonas húmedas. Por outra banda as árbores serían altísimas, máis que as actuais secuoias.

2.-INSECTOS XIGANTES

O tipo de respiración dos insectos pon o límite ao seu tamaño, xa que as moléculas de osíxeno chegan as súas células por difusións a través dun sistema de tráqueas minúsculas. Se na atmosfera houbera máis concentración deste gas, os insectos poderían ter dimensións enormes. Por exemplo habería cabaliños do demo como os que existiron fai millóns de anos, cunha envergadura das ás de 70cm.

3.-MÁIS RADICAIS LIBRES, PERO MENOS TUMORES.

Un aumento dos niveis de osíxeno dispararía a producción de radicais libres, moléculas moi radiactivas que dañarían os tecidos, especialmente os máis delicados. Pero según as últimas investigacións, o exceso deste elemento tamén podería destruir os tumores, xa que un ambiente pouco osixenado favorece o crecemento das células canceríxenas.

4.-RATAS COMO CANS

Según algunas investigación fai uns 50 millóns de anos os mamíferos aproveitaron un aumento temporal dos niveis de osíxeno para fecerse mís grandes e veloces. Se algo así sucedese agora, poderíamos ter guepardos que corresen a 150Km/h e ratas do tamaño dun can. O mesmo pasaría coas aves que voarían moito máis a presa.

5.-FERRUXE E ECOMOTORES

Como o óxido  producese pola unión do ferro e do osíxeno, se o porcentaxe deste gas fose máis alto, todos os instrumentos e as construcción humanas feitas con ferro oxidaríanse e degradaríanse rápidamente. Por outro lado os motores de combustión interna, que tamen se encherían de ferruxxe, consumirían menos carburante.

6.-RECICLAXE ULTRARRÁPIDO

Cunha cantidade de osíxeno moi superior a actual os residuos orgánicos  poderíanse integrar no cosistema máis rápidamente. A razón é que as moléculas que levan a cabo a degradación das moléculas orgánicas máis eficazmente son as que se basan no osíxeno.

                                                    tierra.jpg

Información sacada da revista MUY INTERESANTE

Post elaborado por: Laura Piñeiro, curso 2008-09

 

Tags: , ,