transplante de corazón
Non é unha solución para todos os problemas de corazón, evidentemente. De feito, só pode levar a cabo nun moi pequeno número de pacientes que teñan menos de 55-60 anos.
Trátase de atopar primeiro un corazón doante, que xeralmente procederá dunha persoa saudable morta en accidente, sen lesións que afecten o corazón.
O transplante, como toda cirurxía maior do corazón, faise baixo anestesia xeral, e a intervención adoita durar varias horas, durante parte das cales, a función do corazón e os pulmóns debe ser asumida por unha máquina de circulación extracorpórea.
Cando un transplante de corazón ten éxito, a maioría dos receptores recupéranse até levar unha vida relativamente normal. Un 80 % deles vive activamente ao cabo dun ano, e algúns receptores viviron máis dunha década despois do transplante.
En moitos transplantes de órganos, ocorre que o sistema inmune do receptor recoñece o tecido transplantado como estraño ou alleo a si mesmo, e produce anticorpos para atacar ao “invasor”. Por iso, despois dos transplantes de órganos hai que tomar medicamentos que suprimen a resposta inmune normal
Doar organos e doar vida, ¿ti que opinas?
Post elaborado por: Jennifer Domínguez Bouza, curso 2008-09
Tags: corazón, Transplantes