Mutacións xenéticas
Durante anos, as potenciais alteraciós xenéticas producidas pola contaminación foron o obxecto de numerosos comics, cuxos villanos ou superheroes eran afectados por algunha sustancia misteriosa. Aínda que o mecanismo non é tan simple como nas historietas, estudos recentes demostraron a incidencia deste factor. As especies que aniñan cerca de núcleos industriais modifican os seus patrimonios xenéticos. No caso dos ratos, os cambios observados son ata dúas veces máis frecuentes en ratos urbanos que nos rurais. Unha clara advertencia para os núcleos humanos en entornos industriais.
Algúns estudos confirman que a contaminación pode provocar mutacións xenéticas (Tendencias Científicas). A polución industrial provoca mutacións xenéticas en algunhas especies, según comprobou un equipo de científicos que así o contan nos Proceedings da Academia Nacional da Ciencia de Estados Unidos PNAS. A investigación centrouse nas acerías que existen na rexión canadiense dos Grandes Lagos, que liberan a diario diferentes compoñentes químicos á natureza.Según os investigadores, as acerías utilizan cantidades enormes de carbón e emiten centenares de compostos químicos, moitos dos cales poderían afectar ó patrimonio xenético das especies. Para levar a cabo os seus traballos, os científicos utilizaron dous grupos de ratos. Un dos grupos estaba localizado a un kilómetro da fonte industrial da contaminación e o outro a trinta kilómetros, nun entorno rural limpo. O primero dos grupos, de vinte individuos, estivo exposto á contaminación industrial durante tres meses, entre setembro e novembro. A continuación foron apareados e os científicos descubriron que as mutacións xenéticas son entre 1,5 e dúas veces máis numerosas entre os ratos contaminados que entre os sanos. Os investigadores aclaran que non detectaron cambios xenéticos específicos porque iso requeriría un traballo moito máis extenso e caro, senon que apreciaron indicios de mutacións que no campo científico consideranse suficientes para chegar ás conclusións que manifiestan. Outro dato sorprendente é que as mutaciós xenéticas apreciadas foran heredadas dos pais, non das nais, o que lles leva a preguntarse se o predominio de homes nos entornos industriais pode ampliar as posibles mutacións xenéticas nos seus descendentes. Eu penso que este estudo é unha boa maneira de coñecer a consecuencia dos productos radiactivos e polo tanto tomar medidas para evitar, por exemplo, que cousas asi poidan pasarlle as persoas cercanas a esa zona ou outras zonas en situación similares.
Post elaborado por Ana García,curso 2008-09