A fin do Universo!
Hoxe en día existe moita polémica sobre como será a temida fin do Universo. Problema ó cal todas as persoas tentan buscarlle unha resposta posible.
Pero centrándonos nas teorías científicas, podemos dicir que hai varias.
Unha das máis aceptadas é a teoría do Big Crunch. Esta teoría defende que cando se produciu o Big Bang, o universo comezou a expandirse, pero ha chegar un momento no que a densidade do universo sexa quen de frear esa expansion e de provocar o que sería unha contracción do cosmos. Isto ocasionaría a concentració da materia e do espazo-tempo nun espaciotemporal adimensional. O que supoñen os científicos que seguría a esta estapa sería un novo Big Bang e a creación doutro universo. Se se repite este proceso teriamos como resultado un Universo oscilante, xa que o Universo sería unha secuencia de Universos que comenzarían co Big Bang e rematarían co Big Crunch.
Outra das teorías é a do Big Freeze. Según esta, o Universo continuará expandíndose ata que case todas as estrelas se apaguen e reine a escuridade e o caos. Será entón cando as galaxías colapsen en buratos negros e o Universo estará tan expandido que será demasiado frío como para que poida haber vida.
Tamén hai teorías que defenden a existencia de Universos paralelos. Unha delas postula que podría existir un Universo alternativo de materia escura que non podemos alcanzar e ambolos dous Universos estarían atraídos entre sí pola forza da gravidade e incluso poderían chegar a colisionar. A outra teoría dinos que non hai un, senón moitos Universos paralelos que poderían ter unha duración infinita xa que os outros Universos poderían ter unhas leis físicas diferentes as do noso.
Xa para rematar, a última teoría, o Big Rip. Segundo esta o Universo tenderá a unha existencia indefinida pero nun estado no que non poida existir vida. Neste estado, a enerxía escura provocará que o Universo se expanda aceleradamente. Se isto tende o infinito, acabará por desintegrarse en partículas elementais toda a materia do Universo, sen importar o tamaño que teña.
Persoalmente, penso que, sexa cal sexa a fin do Universo, non sería a fin da Humanidade, xa que, a este paso, vaise destruir antes a ela mesma, e coa ela arrastrará toda a vida do planeta.
Este post foi elaborado por Tamara Laxe Vidal no curso 09-10