Hai vida mais alá da Terra?

Pois, se temos en conta as probabilidades, é moi posíbel. Só na nosa galaxia, (a Vía Láctea), crese que hai unha poboación de estrelas maior ós 200 000 millóns. Son visíbles, ó menos, uns 5 000 millóns de galaxias e crese en realidade que hai uns  200 000 millóns de galaxias, e que cada unha conteña un número similar de estrelas cá nosa galaxia. Tendo en conta todo isto é moi probábel que existan dous planetas por cada estrela coas condicións sufientes para que se orixine a vida; polo que o número de planetas sería o dobre do número de estrelas.

 

imagen

É importante considerar tamén que falar de vida non é só, falar dunha especie tan complexa como o ser humano, isto conleva a que haxa vida intelixente, senón que tamén nos referimos ás bacterias ou ós microorganismos unicelulares moi rudimentarios. A vida en xeral pode ser máis abundante do que supoñemos.

Ó que poderiamos chamar vida intelixente, máis ou menos evolucionada que a nosa, podería ser menos común que a presenza de vida en xeral, polo conxunto de condicións que se requiren para que esta evolucione.


E ti que pensas de todo isto, cres que hai vida mais alá da Terra ou que isto só é unha simple hipótese?

Este post foi elaborado por Noemí Castro Bernardez no curso 09-10

 

Tags: ,