A TEORÍA DO BIG BANG

imagen

O Big Bang, literalmente gran estalido, constitúe o momento no que da “nada” emerxe toda a materia, é dicir, a orixe do Universo. A materia, ata ese momento, era un punto de densidade infinita, que nun momento dado “explota” xerando a expansión da materia en todas as direccións  e creando o que coñecemos como o noso Universo.

Inmediatamente despois do momento da “explosión”, cada partícula de materia comezou a alonxarse moi rápidamente unha da outra da mesma maneira que ao inflar un globo éste vai ocupando máis espazo expandindo a súa superficie. Os físicos teóricos conseguiron reconstruír esta cronoloxía dos feitos a partir  de  1/100 de segundo despois do Big Bang. A materia lanzada en todas as direccións pola explosión primordial está constituida exclusivamente por partículas elementais : Electróns , Positróns, Mesóns, Barións, Neutrinos, Fotóns e ata máis de 89 partículas coñecidas hoxe en día.

En 1948 o físico ruso nacionalizado estadounidense George Gamow modificou la teoría de Lemaître do núcleo primordial. Gamow plantexou que o Universo creouse nunha explosión xigantesca e que os diversos elementos que hoxe se observan  producíronse durante os primeiros minutos despois da Gran Explosión ou Big Bang, cando a temperatura extremadamente alta e a densidade do Universo fusionaron partículas subatómicas nos elementos químicos. Cálculos máis recentes indican que o hidróxeno e o helio foran os produtos primarios do Big Bang, e os elementos más pesados producíronse máis tarde, dentro das estrellas. Sen embargo, a teoría de Gamow proporciona unha base para a comprensión dos primeiros estados do Universo e a súa posterior evolución. A causa da elevadísima densidade , a materia existente nos primeiros momentos do Universo expandiuse con rapidez. Ao expandirse, o helio e o hidróxeno enfriáronse condensáronse nas estrelas  e en galaxias. Isto explica a expansión do Universo e a base física da ley de Hubble.

Según se expandía o Universo, a radiación residual do Big Bang continuou enfriándose, ata chegar a unha temperatura duns 3 K (-270 °C). Estes vestixios da radiación de fondo das microondas foron detectados polos radioastrónomos en 1965, proporcionando así o que a maioría dos astrónomos consideran a confirmación da teoría do Big Bang.

Pincha no seguinte enlace:

http://es.wikipedia.org/wiki/Teor%C3%ADa_del_Big_Bang

Este post foi elaborado por Cristina Bernárdez Pérez no curso 09-10

 

Tags: