Deriva continental
A comezos do século XX os científicos sabían que os continentes estaban sometidos aos movementos verticais propostos pola teoría da isostase, pero estaban convencidos de que os continentes pola súa banda non experimentaban movementos horizontais.
Antecedentes das ideas mobilistas e o mobilismo
A principios do século XIX, Alexander von Humboldt observou que as costas atlánticas de Suramérica e África ían máis alá do seu aparente axuste e sinalou certa continuidade nalgunhas formacións xeolóxicas a un e ó outro lado do Atlántico. Con todo, Frank Taylor constitúe o precedente máis evidente das ideas de Wegener, xa que no 1910 publicou un traballo no que expoñía a hipótese da mobilidade continental. Como Wegener coñecía as ideas de Taylor, pénsase que estas influíron nel.
.O Mobilismo
En 1905, Alfred Wegener publicou o libro A Orixe dos continentes e dos océanos, no que sostiña que os continentes se desprazaban. Nacía deste xeito a primeira teoría Mobilista ben estruturada e ben fundamentada. Chamámoslles mobilistas a aquelas teorías segundo as cales os continentes se desprazaron ao longo da historia da Terra. Os seus antagonistas negan a posibilidade de que os continentes se movan horizontalmente, son as teoría fixistas.
Alfred Wegener e os seus argumentos
Alfred Lothar Wegener desenrrolou A Teoría da deriva continental. Para crear a súa teoría, indagou os datos coñecidos daquela, e relacionounos de maneira que avalasen a súa teoría. Entre eles destacan:
- Argumentos xeográficos
- Argumentos xeolóxicos
- Argumentos paleoclimáticos
- Argumentos paleontolóxicos
Teoría da Deriva Continental
Cos datos anteriores e outros que foi recompilando, Wegener costruíu unha teoría que sería coñecida como A Teoría da deriva continental, cuxas ideas básicas son:
.No pasado todas as terras emerxidas estiveron unidas formando un gran continente, denominado Panxea (en grego significa, todas as terras)
.Panxea dividiuse. Os fragmentos resultantes desprazáronse e deron lugar aos continentes actuais.
.Na fronte de avence dos continentes formaríanse unhas engurras, denominadas cordilleiras.
Podedes atopar máis información deste tema pulsando sobre este enlace
Este post foi elaborado por Fabiola Lamas Álvarez no curso 09-10
Tags: isostase, lystrosaurus, mesosaurus, Wegener