A Teoría das Supercordas

Teoría das supercordas é un referencial teórico para explicar que todas as partículas fundamentais e forzas da natureza xorden dunhas entidades microscópicas que vibran, as que se lle chaman cordas.Estas supercordas son “vínculos”  de enerxía que se atopan na esencia da materia e en espazos que se encontran en dimensións superiores ás catro do espazo e do tempo.

imagen

A teoría das supercordas nace como unha das candidatas máis prometedoras para ser unha teoría microscópica da gravidade. E é infinitamente máis ambiciosa: pretende ser ampla, unificada e coherente coa estrutura básica do noso universo. (Por ese motivo, en ocasións, daselle o título da “teoría de todo”.)A idea esencial da teoría das supercordas é a seguinte: todas as diversas partículas “fundamentais” do modelo estándar son en realidade solo manifestacións diferentes dun obxecto básico: unha corda. ¿Cómo pode ser isto? Ben, pois normalmente imaxinaríamosnos que un electrón, por exemplo, é un “puntiño”, sin estructura interna algunha. Un punto non pode facer nada máis que moverse. Pero, se a teoría das supercordas é correcta, utilizando un “microscopio” moi potente daríamosno de conta que o electrón non é en realidade un punto, se non un pequeno “lazo”, unha cordiña. Unha corda pode facer algo ademais de moverse— pode oscilar de diferentes maneiras. Se oscila de certa maneira, entón, dende lonxe, incapaces de distiguir que se trata realmente dunha corda, vemos un electrón. Pero se oscila doutra maneria, entón vemos un fotón, o un quark, ou calquera outra das partículas do modelo estándar. De maneira que, se a teoría das supercordas é correcta, ¡o mundo enteiro está feito só de cordas!

Teoría das supercordas ten cinco teorías ou fórmulas alternativas de teorías de cordas, combinadas onde se  introducidon requerimentos de supersimetría.

A idea básica é que en realidade son cordas que vibran en resonancia a unha frecuencia de lonxitude de Planck e onde o Gravitón sería unha corda de masa cero e spin 2.Recentemente, foi demostrado que varias desas formulacións son equivalentes. As cinco teorías existentes non son nada máis que especiais casos limitando desta teoría unificada, provisionalmente chamada Teoría M.

O principal problema na física hoxe é incorporar a forza da gravidade para o resto das forzas físicas. A teoría das supercordas sería un método para unificar esas teorías. Aínda que a teoría está lonxe de ser completa e perfilada, porque hai moitas variables para ser definida, de xeito que existen varias versións do mesmo.

Mentres facía este post, descubrín unha páxina moi interesante con moita información, que vos pode servir de axuda, a páxina é : http://www.astrocosmo.cl/

Non vos parece incrible que o mundo resulte de microscópicas cordas que vibran?

Este post foi elaborado por Uxía Martínez López no curso 09-10

 

Tags: