Evolución: a proba da distribución xeográfica
Unha das probas máis importantes que apoia a teoría da evolución debido a selección natural proposta por Darwin no século XIX é a proba da distribución xeográfica.
Esta proba baséase en que non todas as especies se distribúen en todos os continentes a pesar de existiren hábitats nos que poderían vivir. Isto débese as dificultades que ocasionan as barreiras xeográficas tales como mares, ríos ou montañas.
Estes accidentes provocan que poboacións da mesma especie queden aisladas e tomen camiños evolutivos diferentes ó estaren expostas a distintas condición ambientais, por exemplo, a alimentación ou as condicións meteorolóxicas da zona. Como consecuencia, co paso das xeración e ó longo do tempo, esas poboacións iranse afastando evolutivamente ata dar especies totalmente diferentes que, aínda que se volvan xuntar, non se poderán reproducir entre si. Tamén hai que ter en conta que cando dúas poboacións quedas aisladas non hai nesas poboacións a mesma variedade de xenotipos provocados polas mutación xenéticas e isto tamén influirá na especiación delas.
Un exemplo disto son os pinzóns que Darwin estudou na súa viaxe no Beagle.
Nesta foto pódese apreciar as diferenzas en canto o bico dos pinzóns pola diferente alimentación.
As diferentes especies de pinzóns en illas tan próximas explícase do seguinte xeito: o antecesor común das especies actuais chegou as Galápagos e cada grupo de aves asentouse nunha illa; en cada illa había un tipo de condicións ambientais e de alimento e a selección natural escolleu entre os individuos cunhas características xenéticas máis adaptadas; debido a isto, as poboacións de cada illa tomaron un camiño evolutivo diferente e despois de moitas xeracións serán tan grandes as diferenzas entre eles que, aínda que se xunten, non se poderán reproducir entre si e consideraranse especies diferentes.Tamén hai que ter en conta a xa mencionada diferenza entre os individuos da mesma especie, polo que non chegarán individuos idénticos a todas as illas.
Este post foi elaborado por Tamara Laxe Vidal no curso 09-10