Cal é a placa mais destructiva?

A Terra esta dividida en varias capas (manto, núcleo e codia), a codia e a parte superior do manto forman unha zona denominada litosfera.

imagen

http://es.wikipedia.org/wiki/Borde_convergente

A litosfera, a súa vez esta dividida en partes denominadas placas litosféricas, que están en continuo movemento. A interación entre as placas e inevitable, polo que os bordos nos que se xuntan denomínanse de diferente maneira, segundo o movemento que sigan: bordos converxente, diverxentes e pasivos.

Os limites converxentes son aqueles nos que as placas se van xuntado e chocan e con iso forman zonas de subdución, nas que a placa mais densa afúndese cara o manto.O tipo de converxencia existente varia segundo o tipo de placa coas que se xuntan, oceánica ou continental:

Converxencia entre dúas placas oceánicas:

Son aquelas nas que dúas placas oceánicas chocan e a máis densa afúndese cara o manto. Enriba da placa cabalgante fórmanse grupos de illas debido a gran actividade volcánica que hai nesas zonas , ese grupo de illas e chamada arco de illas ( Xapón , Filipinas, etc.)Entre elas fórmanse profundas fosas que poden alcanzar unha profundidade de 11000 m , como por exemplo a das illas Tonga, as illas Marianas e no bordo entre as placas Índica e Filipina

Converxencia entre unha placa oceánica e outra continental:

Son aquelas nas que unha placa oceánica esta movéndose cara unha continental, e ao revés, e a placa oceánica afúndese cara o manto formando así unha zona de subdución, onde aparece unha gran actividade sísmica e volcánica.A placa oceánica pode levar consigo un arco de illas e facer que cabalgue sobre a placa continental, este proceso recibe o nome de obdución, e é un claro exemplo do que pasou coa India en Asia.Este proceso produce un engrosamento da placa continental, e nela aparecen sistemas montañosos no bordo do continente, como por exemplo os Andes.

Converxencia entre dúas placas continentais

É cando a placa oceánica acaba de subducir e dúas placas continentais chocan entre si. Nelas ningunha placa subduce e prodúcese un colisionamento entre as placas que produce cordilleiras montañosas de grande altitude (Alpes, Himalaia)

Estas coussas e moitas outras podes atopalas no libro de bioloxía e xeoloxía de 1º de bacharelato que conten moita información e contidos adicionais para esta asignatura.

Este post foi elaborado por Samuel Miguez Amil no curso 09-10

 

Tags: