Que significa SIDA ?
Significa Síndrome de Inmunodeficiencia Adquirida.
O SIDA é unha enfermidade infecciosa causada por un virus chamado Virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH ou HIV) ou virus do SIDA. Unha enfermidade infecciosa é aquela que é causada por un xermen, e que pode transmitirse dunhas persoas a outras.
Un virus é unha pequena partícula infecciosa que pode vivir como parasito das células do organismo, onde se multiplica, fora das células sobrevive con dificultadade e durante pouco tempo.
Na seguinte imaxe está reflezada como actúa o virus da sida:
O HIV ataca ós linfocitos que son os glóbulos brancos encargados do noso sistema de defensa, o HIV permanece nun estado de dominio dentro dos linfocitos. Nalgúns casos, o virus empeza a destruilos, desta forma debilita o sistema inmune, logrando que o noso organismo non poida loitar contra diversos xermes.
Non é o mesmo estra infectados polo HIV que padecer a enfermidade do SIDA, posto que si unha persoa esta infectado polo HIV non é o mesmo que sea portadora do virus e pode transmitir a infección a outras persoas.
O HIV pódese transmitir por tres vías que son as seguintes:
- Sanguínea; a través do intercambio de agullas ou xiringa, durante o embarazo e o parto e por transfusións do sangue non controladas.
- Transmisión sexual. As relacións sexuais poden transmitir o HIV, tanto en homosexuais como en heterosexuais.
- Transmisión perinatal. Unha muller portadora do HIV pode transmitir a infección ó seu bebe durante o embarazo, no parto ou a lactación, este perigo pódese evitar se a muller non amamanta ó seu fillo e durante o embarazo é tratada precozmente.
O único avance de medeciña que coñecemos é facer unha analítica. Existe outro proceso para saber se unha persoa esta infectada polo HIV que consiste na proba de ELISA, pero esta proba debe ser confirmada con outras probas. Despois de facer as probas necesarias o resultado pode ser positivo ou negativo.
Se da negativo quere dicir que hai moitas posibilidades de que non padeza o infección do VIH, esta analítica debese repetir ós catro meses que é o tempo que transcorre dende unha persoa infectase ata que o organismo crea os anticorpos necesarios para poder defenderse do HIV. Pero si o resultado é positivo significa que se desenrola o virus HIV, pero non quere dicir que se desenrrola o SIDA e se enfermará. Unha persoa pode ter o HIV e vivir durante moito tempo sempre e cando respecte o tratamento que se lle foi indicado.
No seguinte video aparece todo sobre o sida:
Se sabedes algo máis do sida, e quedoume atrás, pois non dudedes en comentalo.
Este post foi elaborado por Cecilia Míguez Da Costa no curso 09-10
Tags: enfermidades, hiv, SIDA