Paso do primate ao hominido

É un proceso evolutivo que conduciu desde unha determinada especie animal ao primeiro home, definido este por a súa capacidade de guiar a súa actividade pola palabra.


Na hominización poden diferenciarse dúas etapas sucesivas:

  1. Evolución puramente animal: os individuos descendentes dunha especie de mono arborícola, adaptáronse a vivir en campo aberto e experimentaron un cambio corporal que, ao longo dun millón de anos foise asemellando ao home. Os primates suxeitos a esta evolución, os homínidos ,pola súa dispersión xeográfica e pola súa adaptación a unha forma de hábitat, foronse diferenciando en especies.
  2. Un grupo de individuos dunha determinada especie de homínidos, cuxos caracteres empezan a ser practicamente similares aos do home actual, puido realizar unha conduta cooperante prehumana que estableceu as condicións para que neles se producisen os primeiros individuos(os primeiros homes).
    A locomoción bípeda proporcionou vantaxes auditivas e visuais así como unha mellor colocación do cranio sobre a columna vertebral, e colocación da pelvis á vez que mellorou a súa capacidade fonética. A postura erecta, liberou as mans, permitindo desprazarse levando utensilios.
    Así, a evolución do cranio dos homínidos é o sinal da evolución do cerebro para a supervivencia individual. A conduta animal emprendida polo homínido deu lugar á evolución de certos órganos dos sentidos e a coordinación muscular, que, paso a paso, foron levando o cerebro do mono ancestral á configuración do cerebro humano.

imagen

www.descubriendolapolvora.com

Que diferencias atopades nesta foto?

Este post foi elaborado por Andrea Araujo Álvarez no curso 09-10

 

Tags: ,