Adaptacións das especies animais

Para sobrevivir no seu entorno, as especies desenrolaron certas adaptacións, que se resumen en tres categorías:

-As adaptacións anatómicas: refírense á forma e á apariencia do corpo. Por exemplo, o bico das aves está adaptado a súa forma de alimentación.

imagen

-As adaptacións fisiolóxicas: son modificacións aparecidas nun organismo como consecuencia dunha exposición a factores ambientais. Afectan ao funcionamento do organismo e permítelles reaccionar de forma máis eficaz fronte a estes factores. Por exemplo, o desenvolvemento do sentido da audición nos golfiños, que está adaptado á comunicación na auga.

imagen

-Adaptación de comportamento: son as que se relacionan coas respostas a determinados estímulos. Por exemplo, nos elefantes,o feito de ir en grupo aumenta a eficiencia na busca de alimento e a defensa fronte aos depredadores.

imagen

Toda esta información atopeina na paxina web de escolas.net

E despois de coñecer os tipos de adaptacións dos animais, que tipos de especies coñeces que estean adaptadas ó seu entorno?

A min pareceme inpresionante como os animais son capaces de variar as suas característias para adaptarse ó medio.

A evolución é algo apaixonante.

Este post foi elaborado por Noemí Castro Bernardez no curso 09-10

 

Tags: , ,