A malaria ou paludismo
Esta enfermidade é unha doenza parasitaria aguda ou cronica causada por protozoos parasitos do xénero Plasmodium, transmitidos pola picada da femia do mosquito anófele. A malaria mata máis de 1 millón de persoas ao ano, unha taxa só é comparábel á da SIDA, e afecta a 350-500 millóns de persoas todos os anos. É a principal parasitose tropical, e unha das máis frecuentes causas de morte en nenos neses países. Segundo a OMS, a malaria mata un neno africano cada 30 segundos, e moitos que sobreviven a casos severos sofren danos cerebrais graves e teñen dificultades de aprendizaxe.
Os síntomas desta enfermidade empezan sendo dores de cabeza, fatiga, febre e náuseas. Estes síntomas poden durar varios días. Máis tarde aparecen accesos periódicos de calafríos e febre intensos que coinciden coa destrución masiva de hemacias e coa descarga de substancias inmunoxénicas tóxicas na corrente sanguínea ao fin de cada ciclo reprodutivo do parasito. Estas crises paroxísticas, máis frecuentes ao caer da tarde, inícianse con subida da temperatura ata 39-40 °C. Son seguidas de palidez da pel e tremores violentos durante preto de 15 minutos a unha hora. Despois cesan os tremores e seguen dúas a seis horas de febre con 41 °C, terminando con pel avermellada e suores abundantes. O doente séntese perfectamente ben despois e ata a crise seguinte, dous a tres días despois.
Os síntomas crónicos inclúen a anemia, cansazo, debilitación con redución da capacidade de traballo e da intelixencia funcional, hemorraxias e infartos de incidencia moi aumentada, como infarto do miocardio e AVCs
Aquí un video que explica moi ben esta enfermidade:
Para máis información podedes consultar a seguinte páxina: malaria
Este post foi elaborado por Pilar Rodríguez no curso 09-10
Tags: enfermidades, malaria