A Terra dentro de 200 millóns de anos
Dentro de 200 millóns de anos, o sol mandará á terra unha choiva de raios gamma, que esterilizará coa luz do día a medio planeta, mentres que a outra metade, quedará pronto devastada por unha colosal explosión volcánica no Océano Atlántico. Doutra banda, o po e os cascallos arrasarán a vexetación, taparán o sol e traerán choiva aceda e temperaturas baixo cero, o que provocará a desaparición do 95% da vida terrestre.
Tras estes grandes cambios, comezará unha nova orde na terra, onde as bacterias emerxerán desde as profundidades dos océanos e empezarán a mostrar comportamentos sociais. As anemones invadirán a Terra e transformaranse en áxiles predadores, mentres que as formigas converteranse en transformadores de electricidade. Guiadas por millóns de ollos as “íneural-hormigasî”, formaran unha colonia e converterase na última máquina de matar en 200 millóns de anos.
Unicamente, o ceo estará a salvo das “ímorph-hormigasî”, un terreo que pertencerá ás plantas flotantes e ás luras xigantes, que se comunicarán mediante unha linguaxe de luz e moveranse a reacción.
Para os que lle inteserese este tema é recomendable ver o vídeo, aínda que sexa un pouco largo, porque é moi interesante e explica claramente como vai ser a Terra dentro de 200 millóns de anos.
A quen lle interese este tema rogarialle comentar para saber a súa opinión persoal.
Este post foi elaborado por Xanán Fernández no curso 09-10
Tags: fin do mundo, formigas, futuro