Os medicamentos

Un medicamento é unha substancia, que administrada en persoas ou animais, serve para previr, diagnosticar, tratar ou curar enfermidades, ou para modificar funcións fisiolóxicas. Un medicamento é un principio activo elaborado pola técnica farmaceutica para o seu uso medicinal. A única persoa que pode recetar un medicamento é o médico xa que é o único que pode previr e diagnosticar a enfermidade e intentar curala con estes fármacos. As persoas que acceden os medicamentos son os farmacéuticos, ademais de vendelo poden aconsellar a un paciente sobre ell (se produce efectos secundarios,etc…).

imagen

O uso racional dos medicamentos é aquela situación na que os pacientes reciben a medicación axeitada (doses precisas ,información do produto , tempo de utilización … ) para iso se debe :

*Elixir o medicamento axeitado á situación clínica do paciente. Isto significa que o doutor debe informar o paciente sobre os efectos secundarios do medicamento e informalo do mal hábito de automedicarse.

*O paciente debe recibir a información clara e precisa tras a prescrición. O doutor debe indicarlle o paciente cando debe terminar a súa medicación para asegurar resultados favorables.

*Débese receitar o medicamento máis barato entre diferentes posibilidades do mercado. Isto é para evitar a sobremedicación e o gasto farmacéutico.


Este vídeo é informativo pero ao mesmo tempo da varias opinións sobre este tema. Na miña opinión, gustoume por que aprendin cousas que descoñecía, por exemplo , que os medicamentos poden contaminar o medio se se tiran polas tuberías e chegan os desaugues. Paréceme moi irresponsable a automedicación, ademáis de non ser controlado por un médico, pode ser perigoso para a nosa saúde.

Recoméndovos que o miredes para darme a vosa opinión.

Este post foi elaborado por María Gomes Viana no curso 09-10

 

Tags: , ,