A peste negra, o peor inimigo da Europa do XIV

A peste negra é a maior pandemia que asolagou Europa no século XIV, matando o 60% da poboación europea.

A teoría máis aceptada é que a peste negra foi un brote da peste bubónica, causada pola bacteria Yersinia pestis. Esta enfermidade é típica dos roedores como a rata negra ou a denominada rata de campo, e transmítese de rata en rata a través das pulgas. Cando unha pulga pica unha rata, xunto co sangue pasa a bacteria, e se a pulga pica a unha persoa, transmítelle a enfermidade. É importante saber que a enfermidade nos humanos só se transmite a través da picadura, nunca por cantacto directo cun enfermo ou a través da respiración.

En algúns casos, a infección provoca neumonía, que se contaxia a través da respiración. A peste neumónica expándese máis rápido e causa máis mortes.

imagen

Os efectos que a peste causa nas persoas son: febres altas, frialdades, dores de cabeza, sangría e sequedade do sangue debaixo da pel, ganglios linfáticos agrandados, doloridos e hinchados, debilidade, cortes da respiración, garganta dolorida e morte por septicemia.

Mirade este vídeo, explica moi ben o proceso de contaxio polo virus.

 

 Este é un bo exemplo que mostra como moitas das enfermidades están causadas polas malas condicións hixiénicas. Isto debería facernos reflexionar sobre a situación de moitos países, porque igual que se Europa no XIV se preocupase máis pola hixiene esta tipo de enfermidades poderían terse evitado, eses países tamén poden. Como eles non contan con recursos para facelo, todos debemos contribuír a que se faga realidade.

As miñas fontes foron wikipedia.com

Que outras enfermidades pandémicas coñecedes que afectaran a Europa?

Este post foi elaborado por Tamara Laxe Vidal no curso 09-10

 

Tags: ,