O Síndrome de Goodpasture

O síndrome de Goodpasture é unha enfermidade autoinmunitaria, pertencente o grupo de enfermidades de hemorraxia alveolar ou pulmonar. Este síndrome afecta os riñóns e os pulmóns, e xeralmente implica unha insuficiencia renal rapidamente progresiva que se desenvolve en días ou semanas xunto coa enfermidade pulmonar (tos, dificultade para respirar,etc).

Este síndrome foi recoñecido por primeira vez por Goodpasture en 1919, nun paciente de dazaoito anos de idade que padeceu de forma aguda hemoptisis e hematuria, pouco despois de recobrarse dunha gripe.

Nesta imaxe realizada a un paciente que padecia de Goodpasture, podemos observar, como 2 semanas antes da consulta mostraba infiltrados pulmonares na rexión inferior de ambos pulmóns.

imagen


O síndrome de Goodpasture é un trastorno autoinmune, o que significa que o corpo fabrica anticorpos que atacan os seus propios texidos corporais. Neste caso, formanse anticorpos contra un certo tipo de proteína chamada colágeno, que está presente nos alveolos e nos glomérulos. Estes anticorpos son chamados anticorpos antimembrana basal glomerular (ou anticorpos anti-GMB).
A veces,o trastorno é desencadeado por unha infeción respiratoria ou pola inhalación de solventes de hidrocarburos. Nestes casos, o sistema inmune pode atacar os órganos ou texidos dado que os confunde con estes virus ou químicos extraños.

SINTOMAS:

-Orina con sangue.
-Orina de cor oscuro.
-Diminución do gasto urinario.
-Orina espumosa.
-Tos con esputo sanguinolento (expectoración con sangre)
-Dificultade respiratoria despois de facer un esforzo.
-Debilidade.
-Náusea e vómito.
-Dor torácico.
-Pel pálida.

TRATAMENTO:

O principal obxetivo é extraer os anticorpos da sangue. Con un tratamento chamado plasmaféresis extraese sangue do corpo e reponse con líquido, proteína ou plasma doado. A extracción de anticorpos pode reducir a inflamación nos texidos renais. Ademais, as persoas con esta afección deben ser vixiadas mui de cerca en busca de signos de insuficiencia renal. A diálise podese necesitar.

A información atopeina en MedlinePlus enciclopedia médica e en wikipedia.

Eu penso que hai moitas enfermidades que descoñecemos, e que esta ben informarnos dos síntomas que poden desencadear nesa enfermidade, como nesta caso por exemplo, porque moitas veces as persoas non lle damos importancia a certos síntomas que aparecen no noso organismo, e que moitas veces son de gran importancia porque poden chegar a ser moi perigosas.

Este post foi elaborado por Soraya Pereira Bouza no curso 09-10

 

Tags: ,