As enfermidades de transmisión sexual (ETS)
As enfermidades de transmisión sexual, tamén denominadas ETS, son un conxunto de enfermidades agrupadas por ter en común a mesma forma de transmitirse ; dunha persoa a outra normalmente por contacto íntimo, case sempre relacións sexuais, xa sexa sexo vaxinal, sexo anal ou sexo oral.
Os axentes produtores das ETS inclúen bacterias, fungos , virus e protozoos.
Aínda que a maioría teñen tratamento, algunhas delas, as que son producidas por virus, nunca teñen unha cura definitiva, senón que permanecen no corpo infectado, pero sen manifestarse, podendo aparecer ciclicamente. Tanto a sífilis como o herpes xenital producen úlceras (llagas) sobre a pel ou sobre las membranas que cubren a vaxina ou a boca.
Un dos exemplos máis claros dunha enfermidade transmitible sexualmente é a gonorrea, entre outras, xa que tanto a gonorrea como as infeccións clamidiales causan uretrite (inflamación e secreción da uretra) nos homes, cervitite(inflamación e secreción do cérvix ou colo uterino) e infeccións pélvicas nas mulleres, e infeccións oculares nos recen nacidos.A infección significa simplemente que un xerme, bacteria, virus ou parasito está dento dunha persoa e pódelle causar unha enfermidade, aínda que esta persoa non se mostre fisicamente enferma.
Sexo con protección
O xeito máis eficaz de previr infeccións sexualmente transmisibles é evitar o contacto de partes do corpo ou fluídos que pode levar a unha transferencia, xa que non é necesaria a actividade sexual cun compañeiro infectado.
Algunhas ETS tamén aumentan o risco de morte para os pacientes infectados con VIH.
A forma máis eficaz de previr as enfermidades sexuais é utilizando o preservativo.
Non te arrisques a contaxiarte…utiliza sempre protección nas tuas relacións sexuais. Na miña opinión penso que non custa nada usar o sentido común e utilizar o preservativo, xa que te protexes de ter un futuro que seguramente te desagrade, e de posteriormente transmitírllelas ós demáis.
Este post foi elaborado por Laura Rodríguez no curso 09-10
Tags: enfermidades, ETS