COMO SE PUIDO CHEGAR ATA AQUÍ??

Ailuropoda melanoleuca

Desde hai 440 millóns de anos ata hoxe producíronse cinco grandes extincións ( esta páxina ten moitos apartados pero para isto só tedes que ver o portal ciencia) que acabaron cun gran número de especies, tanto mariñas coma terrestres. As súas causas atribúenselle a fenómenos naturais como erupcións volcánicas, cambios climáticos e a caída de meteoritos no noso planeta. O que distingue a sexta gran extinción é que está a ser causada polos seres humanos e está a ser moitísimo máis rápida cás anteriores.

A metade das plantas que coñecemos están en perigo de extinción. Calcúlase que nas próximas décadas un cuarto das especies de mamíferos desaparecerán. Ademáis, a perda dunha especie implica a desaparición doutras coas que interactuaba no seu ecosistema.

O principal motivo de extinción de especies é a perda dos seus hábitats e está causada polo aumento da nosa poboación. Onde máis se nota esta perda é nos bosques tropicais, xa que alí é onde existe a maior biodiversidade.

A humanidade tense que concienciar para frear esta gran extinción. Para isto debemos tomar unha serie de medidas ( esta páxina é da fundación Terra ) como reducir a explotación de plantas e fauna ( agricultura, pesca…) e, sobre todo, a contaminación.

A min paréceme incrible que unha soa especie poida acabar formando unha extinción masiva como a que está a suceder e penso que deberiamos facer algo para cambiar isto, xa que nos afecta de maneira directa. Ocórrensevos algunhas medidas que poidamos tomar para frear esta sexta gran extinción causada pola nosa culpa ?? Para responder a esta pregunta podedes consultar calquera das páxinas ás que vos remito no post.

A información que aparece neste post saqueina da páxina terra.org, podedes entrar pinchando aquí.

Esta entrada foi elaborada por María Estévez no curso 2010-11

 

Tags: