Como é a túa pegada?

imagen

Cando mercamos alimentos ou saímos de compras, cando utilizamos o coche, cando utilizamos un piso ou unha casa con todas as súas cousas; Somos conscientes do alcance dos nosos hábitos de consumo?. Algunha vez nos preguntamos canta superficie do planeta hai que utilizar exactamente para poder manternos?; Canta superficie do planeta é necesaria para xerar os recursos que consumimos e absorber os residuos que esas transformacións xeraron e nós mesmos xeramos finalmente?.

O máis seguro é que nunca nolo preguntaran, especialmente no mundo desenrrolado, donde a apariencia de normalidade e incluso de abundancia desdebuxa completamente esta cuestión: as tendas están cheas de productos diariamente (moito máis incluso dos que podemos necesitar), o auga e a enerxía parece asegurada, o transporte e as vías de comunicación tamén.

Pois ben, precisamente para poder coñecer aproximativamente o impacto dos nosos hábitos de vida e consumo, o impacto da nosa comunidade ou nosa sociedade sobre todo o planeta, creouse un medidor ou un indicador, que é o que se coñece como pegada ecolóxica.

 

A pegada ecolóxica é un indicador que nos axuda a analizar o impacto da humanidade (ou de partes de ela: un país, unha rexión, unha cidade…) sobre a natureza

Este indicador é definido según os seus propios autores (William Rees e Mathis Wackernagel; 1996) como:

A área ou superficie de territorio ecolóxicamente productivo (cultivos, pastos, bosques ou ecosistema acuático) necesaria para producir os recursos utilizados e para asimilar os residuos producidos por unha población definida con un nivel de vida específico; independentemente da localización de estas áreas”. (Neste sentido, e dado que os habitantes de calquer sociedade poden utilizar recursos de todo o mundo, a pegada ecolóxica suma e estima o tamaño das diversas áreas utilizadas, sen importar o lugar no que se atopen). Normalmente a pegada ecolóxica exprésase en Ha  por persoa (Hectáreas per capita e ano)

PAXINAS WEBS NAS QUE SE CALCULA A PEGADA ECOLÓXICA:

* http://www.vidasostenible.org/ página moi interesante sobre a sostenibilidade.e Para calcular pegadas ecolóxicas personales (auga, enerxía, etc.), entrar en encuestas interactivas.

* http://www.larioja.org/ma/prevencion_ambiental/huella_ecologica/test.htm páxina elaborada polo Goberno da Rioxa

* http://www.miliarium.com/Formularios/HuellaEcologicaA.asp páxina elaborada en España

Esta entrada foi elaborada por Silvia Villaverde no curso 2010-11

 

Tags: