Cumpliremos os obxectivos ou non?
A Cumbre do Milenio, reuniu o 8 de septembro do ano 2000 na sede da O.N.U (Organización de Nacións Unidas) a 191 Xefes de Estados e Gobernos.
Nesta reunión debatéronse os obxectivos do milenio (son oito):
- Erradicar a pobreza extrema e a fame
- Acadar o ensino primario universal
- A igualdade de xénero e a autonomía da muller
- Reducila mortalidade infantil
- Mellorar a saúde materna.
- Deter o avance do VIH/ SIDA, tuberculose e a malaria
- Garantir a sustentabilidade do medio ambiente
- Fomentar a cooperación internacional para o desenvolvemento
Neste milenio atopámonos co desafío de conseguir xustiza e igualdade para toda a humanidade. A pesares dos avances conseguidos en todos os campos do coñecemento, a ciencia, a tecnoloxía e a cultura, miles de persoas sofren a pantasma da fame, a pobreza ou a falta de educación. Entre todos eles, as mulleres e a infancia resultan o colectivo máis afectado e vulnerable.
Obtiven a información dunha páxina da fundación Pobrezacero e doutra da USC (Universidade de Santiago de Compostela)
Miles de persoas en todo o mundo están dispostas a loitar con toda a enerxía e a vontade por conseguir uns mínimos de dignidade do ser humano. Ti estarías disposto a axudar?
Esta entrada foi elaborada por Yaiza Fernández no curso 2010-11
Tags: obxetivos do milenio