Haberá unha sexta gran extinción?
A primeira gran extinción foi hai case 440 millóns de anos. A esta sucedérona 4 grandes extincións máis, e actualmente, fálase dunha posible Sexta gran extinción. A Sexta gran extinción comezou hai 100.000 anos, cando o ser humano empezou a dispersarse polo mundo, pero acrecentou dende hai 10.000 anos cando os humanos comezaron coa agricultura.
Esta extinción diferénciase das demais en que é a única causada por unha das especies que poblan a Terra, o ser humano. Os factores que máis inflúen son:
- A transformación da paisaxe
- A sobreexplotación das especies
- A contaminación
- A introdución de especies exóticas
A velocidade de desaparición de especies é moi alta, calcúlase que en torno a 30.000 ao ano ou o que é o mesmo, tres especies diarias.
É certo que despois de cada grande extinción, se recuperou a biodiversidade, pero para isto necesitáronse un periodo de tempo moi grande, e o máis importante, a desaparición do elemento que causou a extinción. Con isto chegamos á conclusión de que debemos cambiar o noso comportamento, para que a sexta grande extinción non continúe.
Que opinades? Credes que o conseguiremos ou a extinción continuará e levaremos á nosa especie e a moitas outra a desaparecer?
Aquí vos deixo dúas páxinas, das cales eu saquei a información e onde podedes atopar máis información sobre o tema:
http://www.actionbioscience.org/esp/nuevas-fronteras/eldredge2.html e http://www.terra.org/articulos/art01347.html
Esta entrada foi elaborada por Sheila Fernández no curso 2010-11
Tags: Biodiversidade, Extincións