O noso futuro común
No ano 1987 a Comisión Mundial sobre Medio Ambiente e Desarrollo presentou un informe chamado “O noso futuro común”, tamén coñecido co nome de Informe Brundtland. Neste informe empregouse por primeira vez o termo “desarollo sostible”, definido como aquel proceso que “satisface as necesidades presentes, sen ameazar a capacidade das xeracións futuras de abastecer as súas propias necesidades”.
O obxectivo da comisión fundamentábase en buscar solucións para os problemas críticos de desarollo e medio ambiente. Ademáis elaboraron unha serie de medidas, que tiñan que cumplir tódolos Estados mediante a cooperación internacional, dos diferentes temas que se trataron :
- Poboación e recursos humanos (reducir os niveis de pobreza, mellorar a educación…).
- Alimentación (satisfacer as necesidades dos países máis pobres…).
- Especies e ecosistemas (protexer a biodiversidade, os ecosistemas…).
- Enerxía (emprego de enerxías renovables, consumo responsable…).
- Industria (mellor xestión dos recursos naturais…).
- Reto urbano (reducir o uso de recursos non renovables…).
Pese a todos os esforzos por construír un futuro máis próspero e seguro, o noso planeta séguese a destruír e cada vez máis xente vive en condicións de extrema pobreza.Na miña opinión, paréceme ben o feito de que os países intenten pór medidas para loitar contra os problemas que hoxe en día afectan ao noso planeta mais dubido de que sexa efectivo e ti, pensas que é útil a formulación de informes internacionais para mellorar o futuro do planeta ? Que cres que poderiamos facer nós para mellorar as condicións de vida nos países menos desenvolvidos ? E para terminar coa destrución do medioambiente ?
Atopei a información na páxina do cambio climático.
Esta entrada foi elaborada por Andrea Durán no curso 2010-11
Tags: desenrolo sostible, medio ambiente