Que é a serendipia?
A serendipia deriba do inglés da palabra serendipity, e é un descubrimento inesperado, por casualidade ou por accidente. Pode haber serendipia por ciencia e tecnoloxía e tamén por obras literarias.
Para que miredes de que vai, vouvos a deixar unha serie de serendipias literarias:
Jonathan Swift describiu con detalle dous supostos satélites naturais de Marte no seu libro “As viaxes de Gulliver”, de 1726, as cales chamou “Medo” e “Terror”. Non se coñecía por entonces que Marte tivese satélite algún. Según o seu, estas lúas eran irregulares tiñan unas dimensións e unhas velocidades orbitales moi aproximadas as que se descubrirían en 1877, 151 anos despois. Ademais, foron bautizadas como Fobos e Deimos, os equivalentes en griego dos nomes de Swift.
Outra serendipia literaria é:
Nas aventuras de Arthur Gordon Pym, escrito por Edgar Allan Poe en 1850, contase a historia dun naufraxio cerca das illas Malvinas do cal quedan catro superviventes nunha balsa. Ameazados pola fame, sortean entre eles a quen van a matar para comelo, perde un grumete chamado Richard Parker. En 1884, unha goleta británica naufragou cerca das illas Sandwich. Quedaron catro superviventes, e botaron a sortes a quen debían matar para comelo e sobrevivir. A sorte decidiu que o desafortunado fora un grumete chamado Richard Parker. Neste caso a realidade pareceu querer imitar a ficción…
Na miña opinión paréceme algo fascinante que existan estas cousas, por que é como se a persoa que o dí ou que o escribe xa sabe do que está falando ou que predice o futuro.
Esta entrada foi elaborada por Silvia Villaverde no curso 2010-11
Tags: serendipia