Andrómeda
Andrómeda ou tamén coñecida como Galaxia Espiral M31, Messier 31 ou NGC 224. È unha galaxia espiral xigante. Pertence ao Grupo Local, constituído por numerosas galaxias, entre as que se encontra a Vía Láctea. E ademais é a galaxia máis cercana a nosa, calculóuse que se atopa a unha distancia de 2.5 millóns de anos luz.
Ao comezo do seu descubrimento considerábase como unha nebulosa, ata que moitos anos máis tarde a consideraron como unha galaxia. Tras anos de estudio, os astrónomos chegaron á conclusión de que Andrómeda é o resultado dun choque entre dúas galaxias. Pénsase que a dita colisión tivo que ser moi violenta como para que xerara a rotación que formou o disco da nova galaxia. Ademais, os astrónomos tamén cren na existencia de consecuencias na nosa galaxia e nos arredores pola formación da nova galaxia, como as chamadas Nubes de Magallanes (dúas galaxias enanas).
En este video, podedes observar unha representación sobre a formación desta galaxia, nacemento de Andrómeda.
Que estudos cres que poderían ter realizado os astrónomos para chegar a conclusión da súa orixe ? Que outras consecuencias cres que podería ter producido a sua existencia ?
A miña fonte de información é a páxina web rtve.es
Esta entrada foi elaborada por Andrea Durán no curso 2010-11
Tags: galaxias, Grupo Local...