A nosa gran estrela: o sol
O sol é a estrela máis cércana a Terra, o maior elemento do sistema solar e é a principal fonte de enerxía en forma de calor e luz. Xira arredor do centro da Vía Láctea, a nosa galaxia. Da unha volta cada 200 millóns de anos. Neste momento movese ata a constelación de Hércules a uns 19 km/s.Contén máis dun 99% de toda a materia do Sistema Solar. A forza gravitatoria que exerce sobre os planetas fai que xiren o seu arredor.O sol formouse fai 4.500 millóns de anos e inda ten combustible para 5.000 millóns máis. Despois, comezara a facerse máis e máis grande ata converterse nunha xigante vermella e finalmente fundirase no seu propio peso e converterase nunha anana branca, que pode tardar un trillón de anos en arrefriarse.
Do sol só vemos a capa exterior que se chama fotosfera e ten unha temperatura duns 6000ºC, e cunhas zonas máis frías(duns 40000ºC) que se lle chaman manchas solares.
A enerxía crease no interior do sol, onde a temperatura chega os 15 millóns de grados, cunha presión altísima, que provoca reaccións nucleares. Libéranse protóns(núcleos de hidroxeno) que se funden en grupos de catro para formar partículas alfa(núcleos de helio).
O sol tamén absorbe materia. É tan grande que ten tal forza que a cotío atrae asteroides e cometas que pasan cerca. Como é natural,cando caen o sol, desintégranse.
Actualmente o sol estúdase des satélites dotados de instrumentos que permiten apreciar aspectos que ata agora non se poidan. Os satélites son: o SOHO, o Wind, o Polar e o Geotail.
Ademais da observación con telescopios convencionais, utilízanse: o cronógrafo, que analiza coroa solar, o telescopio ultravioleta extremo, capaz de detectar o campo magnético, e os radiotelescopios, detectan diversos tipos de radiación que resultan imperceptibles para o ollo humano.
Credes que o sol chegara a desaparecer?Eu non sabía que dicir porque son tantas as cousas que hai sen determinar e no universo nunca se sabe o que pode suceder.
Esta información foi sacada de astromia e clarín
Esta entrada foi elaborada por Diego Puga no curso 2010-11
Tags: Sol