O Cambio Climático
O clima de por si tende a cambiar de forma natural do cal nós non somos os culpables pero isto agrávase e o planeta vese realmente afectado pola man do home, o único ser vivo, por incrible que pareza que contamina o seu medio ambiente, o seu lugar de vida. Poderíamos dicir que a destrución á que estas causas conducirían chegará nun tempo non moi lonxano pero tampouco sucederá mañá. Por este motivo tendemos a restarlle importancia ó tema pero realmente pensades que non está sucedendo nada agora aparte dos cambios físicos? que aínda non lle afecta a ninguén? que aínda non proboca nada no medio ambiente?
Parece que ninguén se parou a pensar nos seres vivos que habitan o planeta e se se están vendo afectados dende xa. Moitos animais e plantas non están adaptados ás temperaturas que se están impoñendo nos seus hábitats ou os cambios que estes están sufrindo irremediablemente. Moitas colleitas estanse a estropear e toda a vexetación da que todos coñecemos a súa importancia estase a resentir máis do que parece, máis do que pensamos e moitos animais están desaparecendo. Pero se desaparece unha planta as consecuencias da súa desaparición é para nós, algo illado,sen importancia, cando tería que ser algo moi importante xa que o máis probable e que de esa planta dependesenn outros seres vivos polo tanto a desaparición desa planta afectaría a todo o ecosistema.
OPINIÓN PERSOAL
Logo desta reflexión, xórdenos a todos unha pregunta, hai solución? Pois si, e todos podemos colaborar. Consistiría en pequenas cousas como a reciclaxe, o aforro da auga, a utilización de enerxías renovables, aumentando as zonas verdes, reducindo o uso de automóviles, concienciándonos a nos mesmos e ós demais da situación. Quizáis non podamos solucionalo completamente pero si aplacalos seus efectos en gran medida, porque o certo é que o planteta está nas nosas mans.
WEBGRAFÍA
Máis información sobre o cambio climático en Wikipedia e en Monografias.
Esta entrada foi elaborada por Emilio Nuñez no curso 2010-11
Tags: CAMBIO CLIMÁTICO, clima, Saúde