Os oito obxectivos do milenio.

 imagen

O 8 de setembro do ano 2000 a Cumbre do Milenio reunía a sede da ONU en Nueva York a 191 xefes de Estado e de Goberno co fin de realizar con éxito os oito obxetivos do milenio:

 1- Erradicar a pobreza extrema e a fame.

2- Educación Primaria Universal

3- Promover a igualdade de xénero e a autonomía da muller.

4- Reducir a mortalidade infantil.

5- Mellorar a saúde materna.

6- Combatir o VIH, paludismo e outras enfermidades.

7- Garantir a sostenibilidade ambiental

8- Fomentar unha asociación mundial para o desarrollo.

   Estes obxectivos están fixados para o ano 2015, pero eu persoalmente creo que non todos se van conseguir.

  En tempos de crise e nun mundo no que abundan a fame e a pobreza sería case imposible conseguir todos estes obxectivos.

  O VIH é unha enfermidade moi extendida en países en vías de desenvolvemento. En moitos casos trasmítese de nais a fillos cando están no ventre materno, pero hai moitos nenos que xa nacen con esta terrible enfermidade.

  Non toda a xente pensa igual sobre o medio ambiente e polo tanto non todos contribúen erradicación da contaminación ou polo menos a diminución desta.

 http://es.wikipedia.org/wiki/Objetivos_de_Desarrollo_del_Milenio

http://www.pobrezacero.org/objetivos/index.php

Esta entrada foi elaborada por Fátima Santos no curso 2010-11

 

Tags: ,