A teoría da Panspermia.

imagen

 A teoría da Panspermia afirma que a vida aparecida na Terra non surdiu nela, senón noutros lugares do universo, e que chegou ao noso planeta utilizando os meteoritos e os asteroides como forma de desprazarse de un planeta a outro. Esta teoría apoiase no feito de que as moléculas basadas na química do carbono, importantes na composición das formas de vida que coñecemos, pódense atopar en moitos lugares do universo. O astrofísico Fred Hoyle tamén apoiou a idea da panspermia pola comprobación de que certos organismos terrestres, chamados extremófilos, son moi resistentes a condicións adversas e que eventualmente poden viaxar polo espazo e colonizar outros planetas.

 A explicación máis aceptada desta teoría para explicar a orixe da vida é que algún ser vivo primitivo, probablemente algunha bacteria, viñera do planeta Marte ,do cal  sospeitase que tivo seres vivos debido aos rastros deixados por masas de auga na súa superficie, e que tras impactar algún meteorito en Marte, algunha destas formas de vida quedou atrapada nalgún fragmento, e entón  dirixiuse con él a Terra, lugar no que impactou. Tras o impacto dita bacteria sobreviviu e logrou adaptarse as condicións ambientais e químicas da Terra primitiva, logrando reproducirse para desta maneira perpetuar a súa especie. Co paso do tempo ditas formas de vida foron evolucionando ata xerar a biodiversidade existente na actualidade.

 A miña opinión é que a idea desta teoría non é moi sostible , xa que é imposible que unha bacteria lograse aguantar a unha viaxe polo espazo e sobrevivir a unha colisión. Vos que opinades?

Webgrafía:

-http://www.cienciapopular.com/n/Biologia_y_Fosiles/Extremofilos/Extremofilos.php

 -http://www.taringa.net/posts/info/2267412/Teoria-de-la-Panspermia_-informate.html

http://etimologias.dechile.net/?panspermia

Esta entrada foi elaborada por Eva Piñeiro no curso 2010-11

 

Tags: ,