A teoría de Ramón y Cajal

imagen

Santiago Ramón y Cajal foi un gran médico español especializado en histoloxía e anátomo-patoloxía microscópica.

Dentro da súa carreira coma médico, destacou pola súa nova e revolucionaria teoría celular. Esta, sigue sendo aceptada na actualidade xa que ninguén conseguiu demostrar o contrario.

O que fixo Ramón y Cajal foi unha remodelación da teoría celular feita por Schleiden e Schwann. A teoría proposta por estes dous alemás era aceptada e fora enriquecida con achegas doutros científicos, pero rexeitábase para o tecido nervioso, ao non se admitir que estivese formado por células independentes. Os microscopistas observaban unha rede de fibras e células interconectadas na que non podían individualizar elementos celulares.

Ramón y Cajel mellorouna grazas a, que con técnicas de tinguidura refinadas, realizou preparacións microscópicas de tecido nervioso nas que se puido ver a individualidade das neuronas. Así, postulou a teoría neuronal, coa que quedou xeneralizada a teoría celular para todas as células.

Grazas a estas achegas a ciencia, Ramón y Cajal recibiu o premio Nobel de Medicina en 1906 o cal compartiu co médico italiano Camillo Golgi, cuxo método de coloración aplicouno Ramón y Cajal durante anos.

Eu non sabía, ata este ano, que un español fora tan importante no mundo da ciencia. Coñeciades vos algún?

Esta información saqueina do libro de 1º de bacharelato de ccmc e de wikipedia.

Esta entrada foi elaborada por Brais Fernández no curso 2010-11

 

Tags: , , ,