O que Darwin nunca dixo..
A Charles Darwin, que o ano pasado cumpriría 200 años, acusóuselle de inspirar a euxenesia e o xenocidio nazi, e tanto o capitalismo como o marxismo reivindicárono para si tirando de diferentes fíos, xa sexa o da competición pola supervivencia ou o do materialismo ateo. Poucas figuras manipuláronse tanto como a deste científico, e poucas doutrinas deformáronse tanto por ignorancia ou coa intención de servir a intereses alleos á ciencia. O que sigue é un repaso dalgúns dos erros, falacias e imprecisións máis frecuentes sobre a vida e a obra do naturalista inglés que inaugurou a bioloxía evolutiva.
1. O home descende do mono
Esta crenza, repetida ata a saciedade, non forma parte do darwinismo. Na súa obra de referencia, El origen de las especies, Darwin non abordou a liñaxe humana, pero “ao día seguinte de publicalo, a xente xa dicía que o home ven do mono”, afirma o codirector de Atapuerca, Juan Luis Arsuaga. Os detractores de Darwin ridiculizárono en caricaturas que mostraban ao eminente científico convertido nun simio peludo.
Posteriormente, en El origen del hombre, Darwin planteou a hipótese de que humanos e simios descenden de proxenitores comúns, non uns de outros. En realidade, a idea non era nova para a ciencia de mediados do XIX, senón que aparecía suxerida en traballos de outros científicos, como Thomas Henry Huxley.
2. A evolución é unha escaleira que conduce ao ser humano
O do home e o mono é un caso particular dun erro máis xeral, entender a evolución como unha carreira de relevos na que unha especie cede a testemuña a outra. A esta confusión contribúe un recurso gráfico mil veces utilizado: un simio camiñando tras unha fila de antropoides con rasgos cada vez máis humanos ata chegar ao home.
Pero nin o ser humano descende do mono, nin ningunha especie viva detívose a medio camiño da evolución para dar o relevo a outra. Soe equipararse o máis evolucionado ao mellor, como nas xeracións sucesivas de teléfonos ou de coches. pero un chimpancé no es menos evolucionado que un humano
3. Os organismos evolucionan para adaptarse ao medio
O francés Jean Baptiste Lamarck propuxo que os organismos se adaptaban ao medio e legaban esas adaptacións á súa proxenie. O modelo de Darwin revelou que é o medio o que selecciona aos mellor adaptados á supervivencia e reprodución.
4. Darwin inventou os conceptos de evolución e de supervivencia do máis apto
As ideas de antepasados comúns e de transmutación de unhas especies en outras aparecen xa nos escritos de Anaximandro, filósofo grego do s. VI a.C., así como de outros pensadores en Occidente e Oriente. Algúns destes autores basábanse na observación dos fósiles. Incluso unha noción primitiva de selección natural aparece xa na Grecia clásica. Nin sequera o termo evolución aparece unha soa vez en El origen; este vocábulo popularizouse máis tarde e tamén Spencer foi un dos primeiros en empregalo.
Que vos parece esta información, e sobre todo, os que pensabades que Darwin si crera que evolucionabamos dos monos? E vos? Credes que evolucionamos dos monos, ou non estades de todo seguros? Eu creo que si, pero tampouco podo afirmalo, xa que este tema é moi confuso, debido a escaseza de información na que podemos investigar e en ningún momento se pode afirmar nada, porque como xa sabesmos dende o descubrimento do xacemento en Atapuerca as liñas evolutivas que se crían correctas modificáronse e polo tanto nalgún outro momento poderíase descubrir outro xacemento que nos acercase máis á verdade. Por todo isto, creo que nós tamén debemos reflexionar sobre o noso planeta e sobre especies que estiberon nela moito máis tempo do que a nosa leva nel, e causando moito menor dano a este.
Se queredes saber dalgunha que outra mentirixilla que se dixo sobre Darwin podedes consultala nesta paxina de madrid i+d de onde eu o saquei a información.
Esta entrada foi elaborada por Pedro Ojea no curso 2010-11
Tags: Curiosidades, darwin, Evolución humana