Máis vale maña ca forza

http://t2.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcR8YRz-Irr-DbmCgCWAGCepc_sufMtuaEKvF_6aX9xpL0yuW6q8Ew

 Científicos da Universidade de Colorado (EEUU), que non estaban dacordo con que a extinción dos Paranthropus fose producida pola especiación da súa dieta, fixeron unha investigación. Ao analizaren o esmalte dos dentes dos restos fósiles de catro individuos atopados en Sudáfrica mediante unha técnica chamada “ablación láser“, observaron que a súa dentadura contiña isótopos de carbono absorvidos do alimento que inxerían. Como as árbores, arbustos e herbas producen sinais isotópicas diferentes, os científicos puideron determinar que o Paranthropus alteraba a súa dieta de maneira considerable en longos periodos de tempo. A variabilidade da dieta podería explicarse porque esta especie emigrase desde hábitats con maior vexetación hacia outros máis abertos como as sabanas. Nestes hábitats abertos onde non había tantas árbores e froitos comezarían a comer carne dos animais que atopasen mortos ou que conseguisen cazar.

O Paranthropus formou parte dunha liña evolutiva de parentes do ser humano coñecidos como Australopitecinos, entre os que se inclúe “Lucy“. É un dos fósiles máis famosos do mundo, corresponde a unha femia de Australopithecus afarensis, unha especie que viviu hai tres millóns de anos e que moitos antropólogos consideran un antepasado directo dos humanos modernos. Unha liña de especies descendentes do A. afarensis (os A. africanus) levou ao final aos seres humanos mentres que o Paranthropus se extinguiu. O que non sabemos é o por que desta extinción, suponse que ao desbotarse a teoría de que fose por unha alimentación especializada ha ser por diferencias culturais, sociais e biolóxicas cos A. africanus. Estes,  ao convertírense en expertos da tecnoloxía do óso e da pedra e reproducirse máis rápido, acabaron cos Paranthropus.

Eu penso que este é un claro exemplo de frase “máis vale maña ca forza”. A selección natural baséase en “escoller” aos mellor adaptados ao medio. Normalmente, nas especies animais ocorre que sobreviven os máis fortes, pero neste caso non ocorreu así. Aínda que os Paranthropus eran máis robustos cós A. africanus, o feito de non ser capaces de facer unhas ferramentas tan boas coma eles fíxoos extinguirse. Tamén penso que este é un feito clave na evolución dos humanos, xa que a cualidade que nos diferencia máis do resto dos animais é a intelixencia e a capacidade de crear obxectos para mellorar a nosa vida e satisfacer as nosas necesidades.

E vós que pensades ? Credes que a intelixencia só lle serviu a especie que deu lugar ao ser humano para sobrevivir ou pensades que pode ocorrer o mesmo noutra especie?

Saquei a información dun artículo de El Universal e dunha páxina sobre o P. robustus de electrónica fácil.

Esta entrada foi elaborada por María Estévez no curso 2010-11

 

Tags: , ,