Canto nos queda por descubrir?
Un equipo de arqueólogos do Instituto de Estudos Arquelóxicos da Universidade de Tel Aviv, atopou na gruta de Qesem (Israel), ao este desta cidade, ata o momento os que son os restos de Homo sapiens máis antigos do mundo. Trátase de oito dentes que os expertos teñen datados nuns 400 000 anos, é dicir 200 000 anos máis antigos que os coñecidos ata agora, con eles podríanse construir os primeiros vestixios dos primeiros Homo sapiens.
No 2006 atopouse a primeira peza dental en Qesem, pero seguiuse excabando ata atopar os oito, o seu descubrimento deronno a coñecer agora. actualmente seguese explorando na gruta co fin de localizar máis restos e así comprender un pouco máis a evolución humana e a aparición do home moderno.
Este descubrimento podría modificar as teorías evolutivas vixentes ata o día día de hoxe, xa que situaban ao Homo sapiens en Africa, de onde supostamente emigrara, pero isto podría significar que realmente procede de Asia.
A miña fonte de información saqueina dunha revista chamada Tu Suerte.
Ata o momento aínda se di que veñen de África ata non atopar máis probas que apioen que realmente veñen de Asia.
E vos que credes que os restos de Homo sapiens máis antigos veñen de Africa ou de Asia?
Esta entrada foi elaborada por Silvia Villaverde no curso 2010-11
Tags: Arqueoloxía, Evolución humana, homínidos, Homo sapiens