Sabemos o que comemos?

imagen

Chamamos alimentos transxénicos aos que foron producidos a partires dun organismo modificado xeneticamente mediante a enxeñería xenética. É dicir, os alimentos transxénicos son aqueles que son obtidos dun organismo con xenes doutro para que posúa unha característica desexada. A maioría dos transxénicos proceden de plantas, pero nos Estados Unidos xa foi apto para o consumo humanos un salmón capaz de crecer na metade de tempo e durante o inverno grazas ao xene da hormona do crecemento doutra especie de salmón e ao xene anticonxelante doutra especie de peixe.O principal beneficio destes alimentos é o aumento da produtividade xa que grazas aos caracteres que lles foron introducidos teñen maior resistencia a pragas, herbicidas (deste xeito pódense empregar e só danan a flora axena ao cultivo) e insectos (xa que as pragas de insectos son devastadoras para a agricultura). Así hai que empregar menos insecticidas e dánase menos o medio ambiente. Pero estes alimentos xeran unha gran polémica. Moitos ecoloxistas e diversas asociacións esixen a etiquetaxe destes nos mercados debido á súa preocupación pola seguridade alimentaria, os impactos ambientais, os cambios culturais e as dependencias económicas. Está comprobado cientificamente que estes alimentos poden levar á aparición de alerxias ou á resistencia a antibióticos.

Unha alternativa a este tipo de agricultura sería a agricultura orgánica, a cal incorpora aspectos benéficos da agricultura tradicional e dos adiantos científicos. Busca producir alimentos de mellor calidade sen danar o medio ambiente nin esgotar os recursos naturais. Tamén evita todas as formas de contaminación, mantén e amplía a biodiversidade e xera un entorno laboral saudable.

Eu penso que os alimentos transxénicos non deberían estar permitidos xa que a maioría son prexudiciais para a nosa saúde  e para o medio ambiente. Unha solución podería ser a agricultura orgánica, que é moito máis beneficiosa. O problema é que aos agricultores non lles sairía rendible. Para solucionar isto habería que evitar que os intermediarios se quedasen con máis cartos dos que deben.

E vós que pensades, que os beneficios dos transxénicos superan ás desvantaxes  ou todo o contrario?

Saquei a información da páxina de wikipedia sobre alimentos transxénicos e da páxina sobre transxénicos de solociencia.

Esta entrada foi elaborada por María Estevez no curso 2010-11

 

Tags: , , ,