A malaria, pasado e presente.

 A malaria ou paludismo infectou aos humanos durante máis de 50.000 anos, e pode que fora un patóxeno humano durante a historia enteira da nosa especie. Sen ir máis lonxe, especies próximas aos parásitos humanos da malaria encontráronse nos chimpancés, parente ancestral dos humanos. O término malaria provén do italiano da idade media: mala aria ( mal aire) e chamóuselle tamén paludismo, do latín “palus” (pantano).

Despois de ter sido descuberta esta enfermidade polo médico militar francés Charles Louis Alphonse Laveran a malaria estudouse bastante ata descubrir quen era o seu transmisor: o mosquito do xénero Anopheles.

imagen

O primeiro tratamento eficaz para a malaria foi a cortiza da árbore Cinchona, que contén o alacoide quinina. Esta árbore crece nas montañas dos Andes, en particular en Perú. Os habitantes de Perú usaban o produto natural para controlar la malaria, xa que inda que asociamos o termino malaria a África, a malaria encóntrase en moitísimos máis países tanto de Ásia como de América, sobre todo Iberoamérica, vémolo nesta imaxe.

imagen

Actualmente, a OMS ( Organización Mundial da Saúde) ten en marcha un programa mundial sobre a Malaria co que pretende que o número de afectados descenda ata poder erradicar esta enfermidade. Diso podedes sacar máis información nesta paxina da OMS de onde eu tamén me informei. Tamén vin outras páxinas como a páxina da wikipedia que fala da malaria ou esta outra onde hai un diagrama do ciclo vital do parásito da malaria.

Aquí déixovos agora un vídeo que está dentro dunha seria de sete vídeos explican de forma sinxela en que consiste a malaria.


Esta enfermidade causa un enorme número de mortes cada ano, cada mes e incluso cada día e ultimamente estase a investigar cada vez menos nunha cura ou vacina para ela.

Credes que as farmaceuticas non lles interesa investigar porque a xente que  o necesita non ten cartos para comprala? Eu creo que si pero o imperio farmacéutico é moi dificil de derribar polo que se os presidentes de gobernos e outros mandatarios non se poñen mans a obra a xente seguirá padecendo esta terrible enfermidade.

Esta entrada foi elaborada por Pedro Ojea no curso 2010-11

 

Tags: , ,