As substancias estupefacientes: as drogas
As drogas é toda sustancia que introducida nun organismo vivo por calquera vía (inhalación, inxestión, intramuscular, endovenosa) é capaz de actuar sobre o sistema nervioso central provocando:
-Unha alteración física e/ou psicolóxica
-Experimentación de novas sensacións
-Posúe a capacidade de xerar dependencia e tolerancia nos seus consumidores.
Tipos de drogas:
-Drogas brandas:son as que crean unicamente una dependencia psicosocial, entre as que se encontran os derivados do cáñamo, como o hachís ou a marihuana, a cocaína, o LSD, así como tamén o tabaco.
-Drogas duras: son as que provocan unha dependencia física y psicosocial, é dicir, que alteran o comportamento psíquico e social do adicto, como el opio e os seus derivados, o alcohol, as anfetaminas e os barbitúricos.
O seu abuso pode provocar distintos tipos de trastornos:
- Físicos: cando danan o organismo da persoa consumidora.
- Psicolóxicos: cando inciden negativamente sobre a relación da persoa consigo mesma ou coa súa contorna afectiva.
- Sociais: cando impactan sobre a comunidade.
Cando comeza a dependencia?
Fálase de dependencia naqueles casos nos que, tras un período de consumo variable en función da sustancia, dáselle preferencia á relación coas drogas fronte a outras condutas consideradas máis importantes con anterioridade. A vida cotiá xira prioritaria ou exclusivamente arredor da procura e do consumo da sustancia; é entón cando pode dicirse que unha persoa é drogo dependente.
Existen dous tipos de dependencia, asociados ou non, que se caracterizan por síntomas xerais:
- A imposibilidade de resistirse á necesidade de consumir.
- O crecemento dunha tensión interna, dunha ansiedade ante o consumo habitual.
- O alivio experimentado cando se produce o consumo.
- O sentimento de perda do autocontrol con respecto ao consumo.
Aínda que o consumo de drogas soe ser perxudicial, as veces usanse con fins terapéuticos, como a marihuana.
Esta información foi sacada das páxinas coruna e portalplanetasedna
Credes que algún día as drogas non terán efectos desastrosos sobre os humanos e serán legais?
Esta entrada foi elaborada por Diego Puga no curso 2010-11
Tags: drogas