Ascendencia extraterrestre?

A hipótese da panspermia suxire que a vida comezou na Terra a través dunhas semillas que chegaron ó noso planeta a través dun meteorito, polo tanto expresa a idea ou teoría de que a vida surxiu no espazo exterior. Hai estudos que demostran que hai bacterias capaces de vivir largos períodos de tempo, incluso no espazo exterior.

 Estas ideas veñen das consideracións do filósofo grego, Anaxágoras, e foron acunadas polo biólogo alemán Hermann Ritcher en 1865. En 1908 o químico sueco, Svante August Arrhenius usou o termo Panspermia para explicar o comezo da vida na Terra. O astrónomo Fred Hoyle apoiou dita hipótese.

Hai 25 anos, considerábase esta hipótese imposible por varias razóns:

- Os microbios morrerían no espazo a causa da radiación.

- As células non poden continuar sendo útiles durante millóns de anos (que é o que duraría o viaxe interestelar).

- A entrada a través da capa da atmósfera ou o impacto coa Terra, esterilizaría calquera cousa.

- Hai insuficientes evidencias de que organismos complexos poidan compoñerse no espazo.

- Hai moi pouca auga nas outras lunas e planetas.

 Hoxe, toda esta información foi posta en duda e encontráronse fortes probas a favor da teoría.

En 1996 un equipo da NASA advertiu a presencia de bacterias fosilizadas nun meteorito cegado de Marte. No ano 2000 foron atopados microbios fosilizados nunha colección de rocas recollidas durante un programa lunar da Unión Soviética.

 O principal problema de esta teoría é que non da resposta a orixe da vida, senon que move o seu nacemento a outro lugar descoñecido.

imagen

Na miña opinión, esta teoría só queda nunha hipótese, xa que as demais teorías que falan da creación teñen máis sentido e máis datos que esta.

Fontes: http://www.galeon.com/monograficosnicks/cvitae157274.html, http://es.wikipedia.org/wiki/Panspermia

 Esta entrada foi elaborada por Fátima Santos no curso 2010-11

 

Tags: