Outro tipo de “nubes”

 imagen

Moitas veces tendes visto este tipo de estelas no ceo, moitas veces vos preguntáchedes que era iso, por que estaba creado e como, as veces, ese rastro podía durar horas. A resposta a estas inquedanzas é  a seguinte : Chemtrails

Os “Chemtrails”  é un fenómeno, no que algunha  xente cree,  di que as estelas que deixan os avións sobre o ceo, non é vapor de auga , como estes explican que son, se non un composto de produtos químicos que se di que serven para distintas razóns :

- Combinacións de diferentes compostos químicos  que serven para controlar o clima. Esta acción faise xuntando o polímero xunto con po de oxido de ferro magnético, que logo se estende pola ionosfera.

- Experimentos bioquímicos.

-  Propagación de enfermidades, xa que se di que ese composto está cheo de patóxenos creados en laboratorio. Unha proba que indica que esto pode ser certo son os chamados  “cabelo de anxo” que consta do que parecen teas de araña, pero que, o seren analizadas, constaron que estas estaban feitas de bario, aluminio, polímeros (que conteñen silicio) encontrándose un cocktail de óleo do tipo JP8 + 100, remexido con 1,2 Dibromoetano. Este pesticida  químico foi prohibido en 1983 por a Axencia para a Protección do Medioambiente de EEUU (EPA) como un canceríxeno e unha toxina química.

Aquí tedes un vídeo onde podedes ver como os chemtrails fumíguean a cidade de Valencia (España) Vídeo

Conclusión: En ningún momento os Gobernos dos países negaron  estas conclusións ó igual que pasou co caso da conspiración do Home á Lúa, eu pregúntome : É isto certo ? É real que os nosos gobernos poden estar poñendo en risco as nosas vidas simplemente para ver quen consegue maior poder militar ou químico ?  Que opinades vós ?

Fonte.Trinity atierra.

Esta entrada foi elaborada por Gloria Pérez no curso 2010-11

 

Tags: ,