A enfermidade do olvido

Imaxinaste o que sería levantarte un día e non recordar nada do que fixeches o dia anterior? Iso é unha realidade, e sófrena cerca de 400.000 persoas en España, sen embargo parece que os adiantos no campo da ciencia poden atopar un remedio. A enfermidade do Alzheimer, considerada ata hoxe incurable, afecta a case 30 millóns de persoas en todo o mundo e é un mal que vai dende a pérdida gradual da memoria ata a extinción total da conciencia, e comeza a desenvolverse sobre os 60-65 anos.

imagen

Científicos estadounidenses lograron recuperar a memoria de ratos que sufrían a enfermidade do Alzheimer, aumentando a concentración dunha proteína no seu organismo, e este método podería curar a persoas que padecen esta enfermidade. O estudo demostra que aumentando os niveis da proteína CBP, necesaria para recordar a longo prazo,  é posíbel mellorar a memoria nos ratos deseñados para desenvolver Alzheimer, enfermidade neurodexenerativa que afecta á memoria, ó pensamento, á conduta e a capacidade para realizar actividades cotiás.

Os avances nesta enfermidade son moi necesarios xa que na miña opinión é unha das peores enfermidades xa que os que a sofren olvidan as persoas que máis os queren e e as súas vivenzas.

Fontes de información:

-Wikipedia.

Esta entrada foi elaborada por Emilio Nuñez no curso 2010-11

 

Tags: ,