Homo habilis

imagen

O primeiro “Homo” en atoparse foi o Homo habilis, os primeiros restos foron achados en Kenia e en Tanzania. O seu nome significa “home habilidoso” , e deuselle este nome porque foi o primeiro en usar as mans eficientemente, podendo así manexar e manipular diferentes obxectos con elas.

Este “Homo” presenta as seguintes características:

- Craneo máis redondeado e máis grande.

- Dentes máis fortes, e espadiformes, xa que na súa dieta introducíronse novos alimentos duros de orixe vexetal, pero cunha dieta moi diversificada.

-O rostro preséntase menos prognato e máis corto respecto ao dos australopitecos.

- A súa altura rondaba sobre os 140 cm.

- Ainda non eran cazadores, pódese dicir que practicaban o “carroñeo” .

- Non descubriran o lume, e non se comunicaban entre si cunha linguaxe clara.

Outra das principais características é o incremento do cerebro, arredor dun 44%. Este cambio foi moito máis notorio respecto ao do corpo.


Este é un tema fascinante, xa que os Homo habilis foron os primeiros en usar habilmente as mans.

Esta información foi sacada e contrastada das seguintes páxinas:

- “Antropos”

- “Portalciencia”.

- Tamén se sacou información do libro de 1º de Bacharelato de CCMC, de editorial “Anaya”.

Esta entrada foi elaborada por Diego Santos no curso 2010-11

 

Tags: ,