Que é o ARN?
Ácido ribonucleico (ARN) é o material xenético de certos virus (virus ARN), e nos organismos celulares é a molécula que dirixe as etapas intermedias da síntesis proteica. Nos virus ARN, esta molécula dirixe os procesos: A síntesis de proteínas (producción das proteínas que forman a cápsula do virus) e replicación (proceso mediante o cal o ARN forma unha copia de sí mesmo).
Nos organismos celulares é outro tipo de material xenético, chamado ácido desoxirribonucleico (ADN), no que leva a información que determina a estructura das proteínas. Pero o ADN non pode actuar só, e valese do ARN para transferir esta información vital durante a síntese de proteínas (producción das proteínas que precisa a célula para as súas actividades e o seu desenrolo).
Ao igual que o ADN, o ARN está formado por unha cadea de compostos químicos chamados nucleótidos. Cada un está formado por unha molécula de un azucre chamado ribosa, un grupo fosfato e un de catro posibles compostos nitroxenados chamados bases: adenina, guanina, uracilo e citosina. Estos compostos unense igual que no ácido desoxirribonucleico (ADN). O ARN diferenciase químicamente do ADN por dúas cousas: a molécula de azucre do ARN conten un átomo de osíxeno que falta no ADN; e o ARN contén a base uracilo en lugar da timina do ADN.
A miña fonte de información é wikipedia e mais unha enciclopedia sobre medicina.
Esta entrada foi elaborada por Silvia Villaverde no curso 2010-11
Tags: arn