A teoría sintética da evolución

Non foi doado integrar os novos descubrimentos achegados pola xénetica nas primeiras décadas do século XX e o mecanismo da selección natural proposto por Darwin. Porén, entre 1940 e 1950 puido chegarse a un acordo entre biólogos que investigaban en campos tan diferentes como a xénetica, a paleontoloxía e a ecoloxía; O resultado deste consenso foi a teóría sintética da evolución.

Esta teoría difería da teoría de Darwin fundamentalmente en dous puntos:

  1. Rexeitaba o principio lamarckista da herdanza dos caracteres adquiridos que, debido ao descoñecemento da xenética, Darwin nunca chegou a abandonar por completo. Afirmaba que as variacións sobre as que actúa a selección natural se herdan segundo as leis da xenética.
  2. O seu razoamento sobre a evolución por selección natural resumese do seguinte modo:

A unidade evolutiva non é o individuo senón a poboación.

Os individuos de calquera poboación son portadores de diferentes alelos que se orixinaron por mutación.

Certos fenotipos, determinados por eses alelos, confírenlles aos individuos que os posúen máis posibilidades de deixaren descendencia. Nas xeracións seguintes, os alelos responsables de tales fenotipos serán cada vez máis frecuentes.

A evolución prodúcese por un cambio gradual na estrutura xenética das poboacións, é dicir, na frecuencia en que se atopan os diferentes xenes dunha poboación.

A información saqueina da enciclopedia vox.

Imaxe da teoría sintética da evolución

Esta entrada foi elaborada por Laura Castro no curso 2010-11

 

Tags: